|
Todo el dia
|
Burela de Ruta - Xeorutas - Verán 2024
De Sábado, 6 Julio, 2024 - 10:00 hasta Sábado, 7 Septiembre, 2024 - 18:00 O Concello de Burela organiza un ano máis o programa “Burela de Ruta”, con numerosas actividades que inclúen visitas guiadas e xeorutas ó longo dos meses de verán.
Haberá tres xeorutas distintas, A Marosa, O Perdouro e O Cantiño, e entre os meses de xullo, agosto e setembro organizaranse un total de vinte rutas guiadas.
A ruta da Marosa e a do Cantiño, de 7,8 e 6,4 quilómetros, son de dificultade baixa, mentres que a do Perdouro, que percorre o conxunto de dobramentos mellor conservado de Galicia, é de dificultade media, cun percorrido de 3,2 quilómetros.
De Sábado, 6 Julio, 2024 - 10:00 hasta Sábado, 7 Septiembre, 2024 - 18:00
Burela de Ruta - Visitas Guiadas - Verán 2024
De Lunes, 1 Julio, 2024 - 10:00 hasta Sábado, 31 Agosto, 2024 - 18:00 O Concello de Burela organiza un ano máis o programa “Burela de Ruta”, con numerosas actividades que inclúen visitas guiadas e xeorutas ó longo dos meses de verán.
Na propia vila tamén haberá a posibilidade de disfrutar de visitas guiadas ó Barco Museo “Reina del Carmen” de martes a domingo ou á “Ruta do Peixe”, que permitirá descubir na Lonxa ABSA a primeira subasta oral automatizada do mundo.
A Asociación de Mariñeiros Xubilados e Afíns “A Moncloa” tamén ofrecerá visitas guiadas, así como Conservas Faro de Burela. A visita “Máis alá do mar” invita a descubrir a Burela rural e a Igrexa Vila do Medio.
De Lunes, 1 Julio, 2024 - 10:00 hasta Sábado, 31 Agosto, 2024 - 18:00
Somos Verán 2024
De Lunes, 1 Julio, 2024 - 09:00 hasta Viernes, 23 Agosto, 2024 - 13:30 Actividades para nenas e nenos que cursaran Infantil ou Primaria no curso escolar 2023-2024
No CEIP Virxe do Carme de Burela
De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas
CAMPAMENTOS:
Do 1 ao 12 de xullo
Do 15 ao 26 de xullo
Do 29 de xullo ao 9 de agosto
Do 12 ao 23 de agosto
+ Info en www.burela.org ou 982 58 08 67 / 647 13 66 73
Preinscricións do 19 ao 21 de xuño
Descargar bases e ficha de preinscrición
De Lunes, 1 Julio, 2024 - 09:00 hasta Viernes, 23 Agosto, 2024 - 13:30
Activiades de Verán Burela 2024
De Martes, 9 Julio, 2024 - 09:00 hasta Jueves, 29 Agosto, 2024 - 14:00 Do 9 de xullo ao 29 de agosto de 2024
XOGOS NA PRAIA: Luns
RUTAS DE SENDEIRISMO: Martes
HAPPY DANCE: Mércores
RUTAS EN BICICLETA: Xoves
INSCRICIÓNS: do 3 ao 5 de xullo de 2024 na Casa da Xuventude
PREZO: 8,00 €/mes/actividade
De Martes, 9 Julio, 2024 - 09:00 hasta Jueves, 29 Agosto, 2024 - 14:00
Romaría MONTECASTELO - Burela 2024
De Viernes, 26 Julio, 2024 - 20:00 hasta Domingo, 28 Julio, 2024 - 00:00 O Concello de Burela acolle a celebración da Romaría de Monte Castelo, que terá lugar entre este venres, día 26 de xullo, e o domingo 28 de xullo. Esta celebración está organizada pola asociación RCM Amigos do Monte Castelo e polo Concello.
Marcos Vázquez, presidente da RCM Amigos do Monte Castelo, sinalou que na festa "ten cabida o relixioso, o musical, o gastronómico, a familia, a amizade... Tendo sempre presentes os valores polos que nos reximos, a educación, o respecto, o coidado do medio ambiente".
Pola súa banda, a alcaldesa Carmela López subliñou que "a Romaría do Monte Castelo é unha parte moi especial dos eventos do verán de Burela, mantendo a tradición da xuntanza entre familia e amizades no noso mirador e área recreativa".
"Desde o Concello de Burela agradecemos unha vez máis a implicación do tecido asociativo na nosa vila, xa que traballando conxuntamente podemos contribuír ao dinamismo da mesma", apuntou a rexedora.
Ao longo dos 3 días de celebración haberá diferentes espectáculos musicais, xogos, un concurso de disfraces e moitas actividades máis.
De Viernes, 26 Julio, 2024 - 20:00 hasta Domingo, 28 Julio, 2024 - 00:00
Tapeo Bonito 2024
De Viernes, 26 Julio, 2024 - 08:00 hasta Viernes, 2 Agosto, 2024 - 00:00 DO NORTE, DE BURELA!
Do 26 de xullo ao 2 de agosto de 2024
4as Xornadas gastronómicas na honra da FEIRA DO BONITO
De Viernes, 26 Julio, 2024 - 08:00 hasta Viernes, 2 Agosto, 2024 - 00:00
Tapeo Bonito 2024
De Viernes, 26 Julio, 2024 - 08:00 hasta Viernes, 2 Agosto, 2024 - 00:00 DEL NORTE, DE BURELA!
Del 26 de julio al 2 de agosto de 2024
4as Jornadas gastronómicas homenaje a la "FEIRA DO BONITO"
De Viernes, 26 Julio, 2024 - 08:00 hasta Viernes, 2 Agosto, 2024 - 00:00
|