|
Todo el dia
|
Burela de Ruta - Xeorutas - Verán 2024
De Sábado, 6 Julio, 2024 - 10:00 hasta Sábado, 7 Septiembre, 2024 - 18:00 O Concello de Burela organiza un ano máis o programa “Burela de Ruta”, con numerosas actividades que inclúen visitas guiadas e xeorutas ó longo dos meses de verán.
Haberá tres xeorutas distintas, A Marosa, O Perdouro e O Cantiño, e entre os meses de xullo, agosto e setembro organizaranse un total de vinte rutas guiadas.
A ruta da Marosa e a do Cantiño, de 7,8 e 6,4 quilómetros, son de dificultade baixa, mentres que a do Perdouro, que percorre o conxunto de dobramentos mellor conservado de Galicia, é de dificultade media, cun percorrido de 3,2 quilómetros.
De Sábado, 6 Julio, 2024 - 10:00 hasta Sábado, 7 Septiembre, 2024 - 18:00
Burela de Ruta - Visitas Guiadas - Verán 2024
De Lunes, 1 Julio, 2024 - 10:00 hasta Sábado, 31 Agosto, 2024 - 18:00 O Concello de Burela organiza un ano máis o programa “Burela de Ruta”, con numerosas actividades que inclúen visitas guiadas e xeorutas ó longo dos meses de verán.
Na propia vila tamén haberá a posibilidade de disfrutar de visitas guiadas ó Barco Museo “Reina del Carmen” de martes a domingo ou á “Ruta do Peixe”, que permitirá descubir na Lonxa ABSA a primeira subasta oral automatizada do mundo.
A Asociación de Mariñeiros Xubilados e Afíns “A Moncloa” tamén ofrecerá visitas guiadas, así como Conservas Faro de Burela. A visita “Máis alá do mar” invita a descubrir a Burela rural e a Igrexa Vila do Medio.
De Lunes, 1 Julio, 2024 - 10:00 hasta Sábado, 31 Agosto, 2024 - 18:00
Somos Verán 2024
De Lunes, 1 Julio, 2024 - 09:00 hasta Viernes, 23 Agosto, 2024 - 13:30 Actividades para nenas e nenos que cursaran Infantil ou Primaria no curso escolar 2023-2024
No CEIP Virxe do Carme de Burela
De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas
CAMPAMENTOS:
Do 1 ao 12 de xullo
Do 15 ao 26 de xullo
Do 29 de xullo ao 9 de agosto
Do 12 ao 23 de agosto
+ Info en www.burela.org ou 982 58 08 67 / 647 13 66 73
Preinscricións do 19 ao 21 de xuño
Descargar bases e ficha de preinscrición
De Lunes, 1 Julio, 2024 - 09:00 hasta Viernes, 23 Agosto, 2024 - 13:30
|