|
Todo el dia
|
Xornada: Promoción do deporte
De Martes, 5 Marzo, 2024 - 17:30 hasta Martes, 18 Junio, 2024 - 18:30 Programa Xun@s de impulso da participación cidadá e asociacionismo na provincia
Lugar: Praza de Abastos do Concello de Burela
Data de inicio: martes 5 de marzo de 2024
Duración: 16 martes
Horario: de 17:30 a 18:30 horas
Inscricións: Na Casa do Concello de Burela de 9:00 a 15:00 horas
Prazas limitadas!!!
De Martes, 5 Marzo, 2024 - 17:30 hasta Martes, 18 Junio, 2024 - 18:30
II Exposicíon de alumn@s manchARTE
De Jueves, 16 Mayo, 2024 - 11:00 hasta Domingo, 16 Junio, 2024 - 20:00 Academia de Adri Pardo
Casa da Cultura de Burela
Do 16 de maio ao 16 de xuño de 2024
De luns a venres de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas
Inauguración o xoves 16 de maio de 2024 ás 19:30 horas
De Jueves, 16 Mayo, 2024 - 11:00 hasta Domingo, 16 Junio, 2024 - 20:00
Paseos saudables con Gaia
De Jueves, 2 Mayo, 2024 - 10:00 hasta Martes, 25 Junio, 2024 - 12:00 O Concello e o Centro de Saúde de Burela organizan paseos saudables abertos para a veciñanza a partir do xoves 2 de maio
- Esta iniciativa terá lugar a partir das 10:00 horas, con saída dende o Centro de Saúde, e repetirase ao longo dos meses de maio e xuño
O Concello de Burela organizará, coa colaboración do Centro de Saúde do municipio, unha serie de paseos saudables abertos para a veciñanza. As monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia serán as acompañantes na actividade.
O primeiro dos paseos terá lugar o xoves 2 de maio, ás 10:00, con saída dende o propio Centro de Saúde. A iniciativa repetirase ao longo dos meses de maio e xuño.
Estes “Paseos Saudables con Gaia” encándranse no marco da Estratexia de Promoción da Saúde do Ministerio de Sanidade e do Plan Local do Centro de Saúde de Burela.
A concelleira responsable do Centro Gaia, Lina Gómez Pardo, convida “a todas as veciñas e veciños de Burela a participar nestas andainas, un xeito perfecto de manter un hábito saudable dunha maneira divertida e amena”.
Dende o Centro de Saúde sinalan que “a evidencia científica indica que os grupos de paseo ao aire libre teñen moitos beneficios para a saúde, incluíndo a redución da presión arterial, a grasa corporal, o colesterol total e tamén o risco de depresión”.
O persoal do centro engade que estes paseos son “unha actividade que é atractiva para os participantes, ten altos niveis de adhesión e está practicamente libre de efectos adversos”.
De Jueves, 2 Mayo, 2024 - 10:00 hasta Martes, 25 Junio, 2024 - 12:00
Festas Patronais Burela 2024
De Viernes, 24 Mayo, 2024 - 21:00 hasta Martes, 4 Junio, 2024 - 15:00 O Concello de Burela celebrará, entre os día de hoxe, venres 24 de maio, e o martes 4 de xuño, as súas Festas Patronais na honra da Virxe do Carme e Xoán Bautista.
A alcaldesa Carmela López sinala que "imos gozar en Burela dunha ampla programación chea de novidades, na que a nova Comisión de Festas se esforzou ao máximo, intentando dar o mellor para a súa vila".
"O Enduro Monte Castelo Burela únese á programación para facer as festas ainda máis atractivas nesta primeira fin de semana", lembra a rexedora.
"Dende o Concello agardamos que estas festas sexan todo un éxito, desfrutado por igual por veciñanza e visitantes", engade López.
Serán en total 12 días de actividades, que comezarán co Día da Baixada da Vila do Medio hoxe, 24 de maio. Ás 21:00 haberá misa e procesión dende a igrexa da Vila do Medio acompañada da Banda de Gaitas Dambara, e se estreará o alumeado festivo.
"Estreamos unha iluminación decorativa especial, un teito de guirnaldas na rúa Eijo Garay, pola que discorre parte da alfombra floral, para rematar nunha espectacular portada personalizada á entrada do porto", destaca a concelleira de Festas, Patricia Eijo.
Eijo pon en valor "a alfombra floral que se leva facendo desde hai 31 anos por parte dos veciños e veciñas de Burela, e que nos emociona tanto no transcurso da procesión do sábado". "Este ano estará adicada ao centenario da Confraría", indica.
O 25 de maio será a quenda do comezo do Enduro Monte Castelo e mais do tradicional Pregón, que terá lugar ás 20:00 no auditorio da Casa da Cultura. A continuación, na Praza do Concello actuará o grupo Pantera Rosa.
O 26 de maio continuará o Enduro Monte Castelo, e celebrarase o Día Infantil, cunha festa a partir das 17:00 na praza da Mariña.
Nos días seguintes haberá diversas exhibicións deportivas, concertos, karaokes e moitas actividades máis, que darán paso aos días grandes a partir do 1 de xuño co Día da Baixada ao Porto.
"Como novidade teremos un punto violeta e un servizo de información móbil de prevención de conductas aditivas", subliña a concelleira de Festas. "Ademais, estamos a traballar para presentar a declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia", conclúe Eijo.
Programación das Festas Patronais de Burela 2024
Bando da Alcaldesa de Burela, Carmela López, con información práctica e de servizo sobre as Festas Patronais
De Viernes, 24 Mayo, 2024 - 21:00 hasta Martes, 4 Junio, 2024 - 15:00
|