Solapas principales

Sábado, Marzo 23 2024

Todo el dia
Xornada: Promoción do deporte

Xornada: Promoción do deporte

De Martes, 5 Marzo, 2024 - 17:30 hasta Martes, 18 Junio, 2024 - 18:30

Programa Xun@s de impulso da participación cidadá e asociacionismo na provincia
Lugar: Praza de Abastos do Concello de Burela
Data de inicio: martes 5 de marzo de 2024
Duración: 16 martes
Horario: de 17:30 a 18:30 horas
Inscricións: Na Casa do Concello de Burela de 9:00 a 15:00 horas
​Prazas limitadas!!!

De Martes, 5 Marzo, 2024 - 17:30 hasta Martes, 18 Junio, 2024 - 18:30
 
8M - Día Internacional da Muller - Burela 2024

8M - Día Internacional da Muller - Burela 2024

De Viernes, 1 Marzo, 2024 - 18:00 hasta Domingo, 31 Marzo, 2024 - 22:00

O Concello de Burela presenta a súa programación para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

Comezará este venres 1 de marzo ás 18:00, coa inauguración da exposición do curso de bordado e homenaxe a dúas mulleres burelás que formaron redes de apoio a través desta arte, na Casa da Cultura

Sandra Fernández, concelleira de Igualdade, convida a toda a veciñanza "a asistir aos actos en torno a esta data tan sinalada, que este ano teñen como broche de ouro a homenaxe ás guerreiras do equipo feminino do Pescados Rubén Fútbol Sala, mulleres que loitan pola igualdade e a visibilidade da muller no deporte".

Pola súa banda, a alcaldesa Carmela López sinala que “o 8M é un día para promover a loita por un mundo onde as mulleres sexamos socialmente iguais e totalmente libres, e por iso, dende Burela, imos homenaxear ás nosas guerreiras laranxas, as que están, as que estiveron e as que estarán, para que continúen abrindo camiño e, ademáis, facendo historia”.

“Animamos a toda a cidadanía de Burela a sumarse á conmemoración desta data tan reivindicativa e a participar das actividades que forman parte da programación deste ano”, engadiu a alcaldesa.

A programación comezará este venres 1 de marzo ás 18:00, coa inauguración da exposición dos traballos do curso de bordado e homenaxe a dúas mulleres burelás que formaron redes de apoio a través desta arte, na Casa da Cultura.

No propio día 8 de marzo terá lugar ás 9:15 a homenaxe ás xogadoras do Pescados Rubén Burela de futbol sala feminino, baixo o lema "Burela guerreira pola igualdade", no pavillón Vista Alegre.

No mesmo día ás 12:00 na praza do Concello terá lugar a lectura do manifesto institucional.

O 15 de marzo pola mañá representarase a obra de teatro '#2Pilgrims" para os institutos de Burela, e ás 21:00, no auditorio a un prezo de 4€.

Ademais, ao longo de marzo haberá diversos obradoiros dirixidos a centros educativos sobre "Educación sexual dixital e pornografía".

De Viernes, 1 Marzo, 2024 - 18:00 hasta Domingo, 31 Marzo, 2024 - 22:00
 
 
Antes de 01
01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Güela Güela

Güela Güela

Sábado, 23 Marzo, 2024 - 18:00

Casa da Cultura de Burela
Sábado 23 de marzo de 2024 ás 18:00 horas
Público: Familiar/Infantil + 2 anos
​Entrada: 3,00 Euros

Sábado, 23 Marzo, 2024 - 18:00