XIV Encontro de Palilleiras

Sábado, 18 Mayo, 2024 - De 10:30 hasta 19:00

O Concello de Burela acollerá este sábado, día 18 de maio, o seu XIV Encontro de Palilleiras. Este evento, organizado pola Asociación Cultural e Artesanal de Mulleres Palilleiras “As Encaixeras”, agarda contar con máis de 700 participantes, dos que 665 serán persoas palillando.

O encontro desenvolverase integramente no Porto de Burela en horario de mañá e de tarde, de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:00. Durante a xornada tamén será posible visitar o Barco Museo “Reina del Carmen”.

“Quero agradecer á asociación As Encaixeiras todo o seu traballo e a súa implicación para sacar adiante este encontro, que é todo un referente na programación sociocultural, por suposto, de Burela, pero tamén da comarca da Mariña e da provincia”, sinala a alcaldesa Carmela López.