Maratón de escritura

Jueves, 16 Mayo, 2024 - De 10:00 hasta 20:00

O Concello de Burela organiza un maratón de escritura mañá, xoves 16 de maio de 2024.
Esta actividade encádrase na programación para conmemorar o Día das Letras Galegas, adicado a Luisa Villalta.
Será no salón de plenos do Concello, e a participación nela estará aberta a toda a veciñanza. Seguirá o mesmo esquema que o Maratón de Lectura celebrado con motivo do Día de Rosalía o pasado febreiro.
Haberá dúas quendas, unha de 10:00 a 14:00 horas para o alumnado de centros educativos e outra de 16:00 a 20:00 horas para asociacións e público xeral.