I Torneo Social de parchís por parellas

Sábado, 31 Agosto, 2024 - 10:00

O Concello de Burela amplía o prazo para anotarse no I Torneo Social de parchís por parellas. Últimas prazas dispoñibles!

O torneo celebrarase este sábado, día 31 de agosto, na praza do Concello a partir das 10:00 horas. As persoas interesadas poderanse inscribir na Casa do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas.

As dúas parellas finalistas gañarán un trofeo doado pola asociación Saúde Mental A Mariña.