Solapas principales

Octubre 2026

Lun Mar Mié Jue Vie Sáb Dom
28
29
30
1
2
3
4
 
 
 
 
 
A Arte do Tourette

A Arte do Tourette

Sábado, 3 Octubre, 2026 - 20:00

Casa da Cultura de Burela
> Sábado 3 de outubro de 2026 ás 20:00 horas

Tourette Galicia volve a Burela con “A Arte do Tourette”, pero desta volta a entrada será de balde facilitando así que todas as persoas interesadas poidan participar.

A Casa da Cultura de Burela acollerá o vindeiro sábado 3 de outubro de 2026, ás 20:00 horas, unha xornada aberta ao público que unirá divulgación, música, audiovisual e arte para achegar á sociedade a realidade da síndrome de Tourette.

É unha iniciativa que nace co obxectivo de dar visibilidade a unha condición neurolóxica aínda moi descoñecida e, en moitas ocasións, rodeada de estereotipos. Trátase dun encontro para coñecer, comprender e visibilizar a síndrome dende outra mirada.

A xornada contará coa participación de Roxana Apollonio Cabrera, neuropsicóloga especializada na síndrome de Tourette, colaboradora de Tourette Galicia, ACOVASTTA, e vicepresidenta de TTAG (Asociación Internacional) que realizará unha presentación para achegar ao público un maior coñecemento e comprensión desta condición.

Durante o evento terá lugar a presentación do videoclip “El Laberinto de Alicia”, creado en Burela con motivo do Día da Concienciación da Síndrome de Tourette. Un tema que nace do amor entre irmáns, unha historia real. Música e imaxe convértense así nunha ferramenta para sensibilizar, comprender, emocionar e cambiar miradas.

Outro dos momentos destacados será a proxección do documental “Con moito Tourette” que conta a historia dunha persoa con Tourette que atopa na arte unha forma de expresión. Neste evento o público tamén terá un papel activo a través dunha actividade interactiva, facendo da súa participación unha parte importante deste encontro.

Deste xeito, “A Arte do Tourette” convértese nun evento onde música, imaxe e arte se empregan para dar voz a tics visibles e invisibles, desafíos, talento, superación, inclusión e vida cotiá, mostrando que o Tourette é moito máis ca un tic.

“Queremos que a sociedade vexa máis alá do tic. Detrás de cada persoa con Tourette hai unha historia, capacidades, dificultades, emocións e moito que contar. Coñecer é o primeiro paso para comprender e incluír", explicaron dende a organización.

Dende Tourette Galicia convidaron "a toda a veciñanza a acompañarnos o vindeiro 3 de outubro de 2026 en Burela. Aquelas persoas que desexen colaborar coa labor que desenvolve Tourette Galicia poderán realizar unha doazón voluntaria á asociación a través de Bizum, co código 14544". Engadiron que “a través da solidariedade é posible continuar creando proxectos, acompañando ás familias e, sobre todo, dando visibilidade á Síndrome de Tourette.”

Dende Tourette Galicia tamén quixeron agradecer "especialmente a colaboración do Concello de Burela, fundamental para facer posible a celebración deste encontro, así como a participación e implicación de Roxana Apollonio Cabrera e de todas as persoas que colaboran nesta iniciativa".

Dende o Concello afirman que consideran "moi importante" colaborar con iniciativas como A Arte do Tourette, que axudan a dar visibilidade a unha realidade aínda pouco coñecida e a romper os estereotipos que existen arredor da síndrome.

Engadiron que "parécenos especialmente interesante facelo a través da arte, da música e do audiovisual, porque permite achegar esta realidade doutra maneira e, sobre todo, axudarnos a mirar máis alá do tic e coñecer as historias e as persoas que hai detrás".

 

Sábado, 3 Octubre, 2026 - 20:00
 
I Trail Monte Castelo 2026

I Trail Monte Castelo 2026

Domingo, 4 Octubre, 2026 - 09:30

Burela acollerá o vindeiro 4 de outubro a primeira edición do Trail Monte Castelo, unha nova cita deportiva organizada por Move-t en colaboración co Concello de Burela que permitirá gozar da contorna natural a través de dúas modalidades: un trail de 14 quilómetros e 900 metros de desnivel positivo e unha andaina de 10 quilómetros e 350 metros de desnivel positivo.

Domingo 4 de outubro de 2026

#> TRAIL 14K +900m

#> ANDAINA 10K +350m

+Info: Pincha no enlace para inscribirte

Domingo, 4 Octubre, 2026 - 09:30
 
5
6
7
8
9
10
11
 
 
 
 
O meu pai naceu o mesmo ano que Mick Jagger

O meu pai naceu o mesmo ano que Mick Jagger

Viernes, 9 Octubre, 2026 - 21:00

A NOVA COMEDIA DE TARABELA CREATIVA

Casa da Cultura de Burela

> Venres 9 de outubro de 2026 ás 21:00 horas
> Entrada: 5,00 euros
> Público: Adulto
> Entradas á venda na taquilla a partir das 20:00 horas

Viernes, 9 Octubre, 2026 - 21:00
 
Monicreques de calcetín

Monicreques de calcetín

Sábado, 10 Octubre, 2026 - De 12:00 hasta 13:00

Tin o calcetín e Tina a calcetina chegan o sábado 10 de outubro de 2026 á Biblioteca Pública Municipal de Burela da man de Galitoon co obradoiro “Monicreques de calcetín”. Unha proposta para nenas e nenos a partir de 3 anos na que poderán construír e animar o seu propio monicreque.

A actividade desenvolverase de 12:00 a 13:00 horas na Casa da Cultura de Burela, e está pensada para que o público infantil poida achegarse ao mundo dos monicreques a través dunha actividade creativa e divertida.

As prazas son limitadas a 40 nenas e nenos e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. As familias interesadas xa poden anotarse na Biblioteca Pública Municipal ata o xoves 8 de outubro, en horario de 9:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas. Dende a organización sinalan que o ideal é que cada nena ou neno participe acompañado dos seus proxenitores.

Esa mesma tarde, Galitoon traerá tamén a Burela o espectáculo de teatro infantil “Os descontacontos”, completando unha xornada especialmente pensada para o público infantil e familiar.

Ambas actividades enmárcanse no programa Ler Conta Moito da Redes de Bibliotecas de Galicia.

Sábado, 10 Octubre, 2026 - De 12:00 hasta 13:00
 
Os descontacontos

Os descontacontos

Sábado, 10 Octubre, 2026 - 18:00

Galitoon presenta en Burela o sábado 10 de outubo de 2026 o teatro infantil “Os descontacontos”, completando unha xornada especialmente pensada para o público infantil e familiar

Casa da Cultura de Burela
> Sábado 10 de outubro de 2026 ás 18:00 horas
> Entrada libre

A actividade forma parte do programa Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas de Galicia

Sábado, 10 Octubre, 2026 - 18:00
 
 
12
13
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 
"Generación 1983 - El musical"

"Generación 1983 - El musical"

Sábado, 17 Octubre, 2026 - 20:00

Unha experiencia inmersiva coas cancións da mítica serie
As cancións dos grandes ídolos dos 80
Voces en directo

Casa da Cultura de Burela

> Sábado 17 de outubro de 2026 ás 20:00 horas
> Entradas á venda en www.dentralia.com e na Libraría ARIS de Burela

Sábado, 17 Octubre, 2026 - 20:00
 
 
19
20
21
22
23
24
25
 
 
 
 
Bio Construcción

Bio Construcción

Viernes, 23 Octubre, 2026 - 21:00

Unha parella deixa o teatro para marchar a un lugar remoto e emprender, con toda a ilusión, o seu proxecto máis ambicioso: construír unha casa coas súas propias mans. A súa gran creación. E así pasan trinta anos, toda unha vida traballando, lonxe do mundo, cun compromiso inquebrantable. 
​Entre o surrealismo e o absurdo, a peza pretende ser unha reflexión metafórica sobre o fracaso, a crise climática e ecolóxica, a inxustiza do sistema inmobiliario, o amor, o teatro e a estupidez humana na sociedade contemporánea. 

Casa da Cultura de Burela

> Venres 23 de outubro de 2026 ás 21:00 horas
> Entrada: 5,00 euros
> Público: Adulto
> Entradas á venda na taquilla a partir das 20:00 horas

Viernes, 23 Octubre, 2026 - 21:00
 
 
 
26
27
28
29
30
31
1
 
 
 
 
Desequilibrados

Desequilibrados

Viernes, 30 Octubre, 2026 - 21:00

O grupo Trípode Teatro trae a Burela unha comedia para todos os públicos titulada Desequilibrados, escrita por Pepe Peinó, o venres 30 de outubro de 2026 ás 21:00 horas na Casa da Cultura de Burela

Casa da Cultura de Burela

> Venres 30 de outubro de 2026 ás 21:00 horas
> Entrada: Libre
> Público: Comedia para todos os públicos

Viernes, 30 Octubre, 2026 - 21:00