Xornada formativa - Loita contra doenzas do castiñeiro.

venres, 28 Maio, 2021 - 10:00 a 14:00

O venres 28 de maio de 10:00 a 14:00 horas terá lugar no Salón de Conferencias de Burela (Antiga Biblioteca) unha xornada formativa sobre as doenzas dos castiñeiros. Dita xornada será impartida polo Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós. Para participar é preciso inscribirse na oficina de Gaia ou ben chamar ao teléfono 647136673.