RUTA DO PEIXE VERÁN 2022

Algunha vez asisitiches a unha poxa de peixe? Este verán tedes a oportunidade de asistir á única oral automatizada do mundo, combinando tradición e modernidade nun dos portos máis punteiros do país.
Ademais, tamén poderedes descubrir os preparativos necesarios, co proceso de pesado e etiquetado previos. Xa están abertas as inscricións no seguinte enlace: http://rutadopeixe.burela.org/gl/ 
A Ruta do Peixe dará comezo o luns 4 de xullo, e estenderase ata o 31 de agosto.
O prazo para inscribirse ábrese 3 días antes da data de cada unha das visitas. Prazas limitadas.