RECORTES

RECORTES, CANEOS E OUTRAS FORMAS DE DRIBLAR
Casa da Cultura de Burela
Sábado 7 de xaneiro de 2023 ás 18:00 e ás 21:00 horas
Entradas á venda en Ataquilla.com

"Recortes, caneos e outras formas de driblar", novo espectáculo coproducido polo Centro Dramático Galego e Ainé Producións , chegará ao Auditorio Municipal de Burela o Sábado 7 de Xaneiro en doble función: ás 18:00 e ás 21:00 horas. 
Unha montaxe que recrea un de tantos partidos de fútbol do século a través do comportamento de xogadores, adestradores, xornalistas, directivos, árbitros, seareiros e demáis personaxes principais, secundarios ou figurantes que conforman o mundo futbolístico. Logo do éxito de "Fariña, o espectáculo teatral" Nacho Carretero Pou volve unir forzas con Tito Asorey, José L. Prieto e Xosé Antonio Touriñán neste espectáculo sobre o mundo do fútbol e todo o que o rodea.  Interpretado por Xosé Antonio Touriñán, Manuel Cortés, Isabel Garrido, Christian Escuredo, Xoán Fórneas e Sergio Zearreta "Recortes, caneos e outras formas de driblar" é unha viaxe emocionante ao interior das paixóns futbolísticas a través do humor e a música.