mUSIC@RTe 2022

BASES REGULADORAS DA CONCESIÓN DOS PREMIOS CORRESPONDENTES AO II CERTAME GALEGO DE VIDEOCLIPS MUSICAIS DO CONCELLO DE BURELA  “mUSIC@RTe 2022”

A Delegación de Cultura e Xuventude do Concello de Burela presenta o II Certame Galego de Videoclips Musicais do Concello de Burela, mUSIC@RTe adscrito ás seguintes bases:
CAPÍTULO 1.- DOS  PARTICIPANTES 
PRIMEIRA
Para o certame  haberá 3 categorías:
1) Poderá  presentarse  calquera  persoa  ou  colectivo pertencente a Escolas Municipais ou privadas de Música de a Comunidade Galega ou pertencentes a Conservatorios, sempre situados na mesma Comunidade Autónoma.
2) Alumnado de IES de Galicia, públicos privados ou concertados.
3) Adultos non profesionais da música e non pertencentes a Escolas de Música nin Conservatorios.
CAPÍTULO 2.- REQUISITOS DAS OBRAS
S
EGUNDA
Cada participante concursará cun un máximo de 3 videoclips orixinais e inéditos (que non foran premiados en ningún outro certame de similares características) dun  minuto de duración mínimo e un máximo de cinco minutos.
TERCEIRA
O vídeo presentarase en formato avi, mpg2, mp4 o mov  e axuntarase ao enderezo electrónico enviado a casaxuventude@burela.org.
Os vídeos DEBERÁN SER EN FORMATO HORIZONTAL. Poderán ser editados para mellorar a súa calidade gráfica e artística.
Valorárase a mensaxe social, a calidade sonora e de imaxe, a interpretación, e a complexidade dos videoclips.
Poderase empregar todos os recursos que o/a autor/a considere necesarios, excluíndo ao Concello de Burela da responsabilidade dos dereitos de autor da música, imaxes e material audiovisual empregados no vídeo.
CAPÍTULO 3.- INSCRICIÓN E ENVÍO
CUARTA

As propostas enviaranse ao correo casaxuventude@burela.org xunto con:
a. Datos do participante ou colectivo.
b. Fotocopia do DNI de cada integrante que traballe na proposta.
c. Teléfono e correo electrónico da persoa responsable da obra.
d. Título da obra.
e. Certificado de número de conta bancaria no que realizar o ingreso no caso de resultar premiado.
f. Categoría na que participa das 3 posibles.
g. Documento asinado por todos os compoñentes no que aceptan que o premio se abone no numero de conta de so un deles.
h. Para as categorías a e b, documento que certifique que pertencen a unha Escola de Musica ou Conservatorio no caso a, e de que pertencen a un IES no caso b.
As obras poderán enviarse desde o día seguinte a publicación de estas bases na sede electrónica do Concello. A data límite de entrega das propostas será o  20 de xuño de 2022.
QUINTA
O prazo de presentación dos vídeos finalizará o día 20 de xuño de 2022 e as bases publicaranse na web do Concello de Burela así como  na páxina de facebook da Concellaría de Cultura e Xuventude do Concello de Burela.
SEXTA
Os participantes no certame quedan informados e autorizan que os datos persoais facilitados ao inscribirse no concurso, sen cuxo requisito non se poderá participar no mesmo, incorporaranse a un ficheiro automatizado, titularidade do Concello de Burela e serán tratados coa finalidade de desenvolver a súa participación no concurso.
Ante o non  cumprimento  das bases,  o Concello  de  Burela queda  facultado para rexeitar as obras dos participantes por non cumprir cos requisitos de participación.
A Organización recomenda aos participantes non deixar a inscrición para o último momento, debido aos posibles colapsos de rede que se puidesen producir ao coincidir un alto número de inscricións nos últimos días de prazo. A Organización non se responsabiliza das consecuencias derivadas deste feito, admitindo exclusivamente as inscricións realizadas a través do formulario oficial do concurso.
CAPÍTULO 4.- PREMIOS
SÉTIMA

A gala de entrega de premios será un dia de Outubro de 2022 (por concretar) e será imprescindible a presencia do representante do colectivo premiado. Durante a gala, a celebrar no Auditorio Municipal de Burela proxectaranse os 3 videoclips premiados.
OITAVA
Os premios son:
a. Premio 400€ e trofeo (peza única de artesanía galega) - Mellor videoclip Escolas de Música ou Conservatorios.
b. Premio 400€ e trofeo (peza única de artesanía galega) - Mellor videoclip IES galegos.
c. Premio 400€ e trofeo (peza única de artesanía galega) - Mellor videoclip adultos non profesionais.

Todos os premios serán decididos polo xurado.
Estes premios estarán suxeitos á retención do IRPF que establece a lexislación vixente.
NOVENA
Os premios  non  poderán  ser  acumulativos, reembolsables  nin  intercambiables. O premio é único independentemente do número de autores da obra.
DÉCIMA
Os premios poden quedar desertos se o xurado así o decide. O fallo do xurado será inapelable.
CAPÍTULO 5.- CUESTIÓNS XERAIS
CIMO PRIMEIRA
Todos os videoclips poderán verse no canle YOUTUBE do Concello de Burela.
CIMO SEGUNDA
O xurado estará composto por un mínimo de 3 persoas e un máximo de 5:  membros ilustres da comunidade musical ou cultural a nivel galego. Un compoñente poderá ser un representante do Concello de Burela adscrito as areas de Cultura ou Xuventude.
CIMO TERCEIRA
A Organización do concurso resérvase o dereito de excluír todas aquelas obras cuxo contido sexa obsceno, violento, sexista, racista, homófobo ou vulnere algún dereito fundamental da persoa.
CIMO CUARTA
Coa presentación do vídeo a concurso os/as participantes garanten que non achegarán materiais que supoñan vulneración algunha dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial de terceiros, polo que liberan absolutamente ao Concello de Burela de toda responsabilidade derivada de calquera incumprimento de calquera norma ou infracción de dereitos de terceiros por parte dos/as participantes, asumindo estes/as a obrigación de manter ao Concello de Burela libre de toda responsabilidade no devandito caso.
Os concursantes responsabilízanse de que non existan dereitos a terceiros, nin reclamación algunha por dereitos de imaxe das persoas que aparezan nelas, así como de que as obras presentadas non estean sometidas a reclamación legal algunha e se atopen dentro do establecido pola lei de propiedade intelectual, eximindo á Organización de calquera tipo de responsabilidade.
DÉCIMO QUINTA
Os/as  participantes  no  concurso  ceden  ao  Concello  de  Burela  os  dereitos  de explotación das obras presentadas, incluíndo os dereitos de uso, difusión, distribución, exhibición, comunicación pública, divulgación e reprodución por Internet ou calquera outro medio audiovisual, mostra ou exhibición, das obras. Dita cesión realízase de forma gratuíta e non exclusiva, a nivel mundial.
A organización, así mesmo, resérvase o dereito de utilizar as obras seleccionados e recibidas con fins de promoción e/ou de difusión, os cales se exercitarán sempre co recoñecemento da súa condición de autor, excepto manifestación en contra.
DÉCIMO SEXTA
Calquera eventualidade imprevista xurdida en relación co desenvolvemento do I Certame Galego de Videoclips do Concello de Burela e non contemplada de forma expresa nestas bases será resolta de acordo co criterio da organización. Así mesmo, a organización non se fai responsable da mala ou nula recepción dos materiais.
DÉCIMO SÉTIMA
A participación neste Concurso supón a aceptación plena das súas bases.