LÚA

Na terra algo acontece; hai moito ruído... berros... enfados... Lúa está preocupada porque con tanto ruído as estrelas asústanse e non queren achegarse... Así que decide baixar á terra e saber o porque tanto barullo....

Lúa trata dunha analoxía entre o fantástico e o máxico á relación que temos as persoas no noso mundo que nos levan a non entendernos e provocar medos e violencia...
Da man dunha nena chamada Lúa, percorreremos o mundo dos maiores cos ollos da infancia... Con Lúa descubriremos a importancia da tolerancia e de abrir as fronteiras no país das pernas e o país dos brazos... Como aprender a compartir cos demais no país da choiva, a levantar a vista e apreciar o mundo que nos rodea no país dos espellos... a vivir en paz e non usar a violencia no país da guerra...

Lúa esta baseado no conto homónimo de Pepablo Patinho, Finalista premio Fray Sarmiento 2018. Edicións Embora.

Teatro Ghazafelhos é unha compañía nacida en Narón no ano 2006 especializada en teatro de actor e clown. Trátase dunha das compañías galegas de referencia para público familiar.

Elenco: Montse Piñón, Pepablo Patinho
Duración 50 minutos

Casa da Cultura de Burela
Sábado 1 de outubro de 2022 ás 18:00 horas
Para nenas e nenos a partir de 4 anos
Entrada libre