II Tapeo Bonito
Burela é a capital galega do Bonito do Norte, e unha das máis importantes do mundo, sendo o seu porto de referencia, tanto por tradición como por volume de capturas. Esta xoia gastronómica, é todo un emblema e un dos símbolos de identidade da nosa vila mariñeira, en cuxo desenvolvemento económico e poboacional tivo moito que ver. É por todo iso que, desde 1983, se lle adica unha feira de exaltación gastronómica, a Feira do Bonito, a este túnido, capturado un a un e con anzol, garantindo así a súa calidade e a súa sustentabilidade, sendo declarada de Interese Turístico Nacional.
O pasado ano non foi posible a celebración da que sería a súa edición XXXVII por mor da pandemia, mais como o Bonito de Burela non podía quedar sen a súa homeaxe, acordouse organizar as I Xornadas na Honra da Feira do Bonito en bares, cafeterías e restaurantes da vila, con pratos e tapas nos que era o principal protagonista. Posto que tiveron un gran éxito, decidiuse celebrar unha segunda edición no 2022, o II Tapeo Bonito, precedendo e acompañando á feira gastronómica, do 28 de xullo ao 7 de agosto.
E ti, vaste perder o tapeo máis bonito do ano?
A continuación podes consultar información e os horarios de degustación das tapas e pratos de cada establecemento participante: