Feira do Bonito
O primeiro fin de semana de agosto celébrase a Feira do Bonito, Produart e o Certame Internacional de Pinturas Murais Amarte, que este ano converterán a Burela, do 4 ao 7 de agosto de 2022, en capital da arte, da artesanía e da gastronomía.
Burela é a capital galega do Bonito do Norte, e unha das máis importantes do mundo, sendo o seu porto de referencia, tanto por tradición como por volume de capturas. Esta xoia gastronómica, é todo un emblema e un dos símbolos de identidade desta vila mariñeira, en cuxo desenvolvemento económico e poboacional tivo moito que ver. É por todo iso que, desde 1983, dedica a súa festa de exaltación gastronómica a este túnido, capturado un a un e con anzol, garantindo así a súa calidade e a súa sustentabilidade, sendo declarada de Interese Turístico Nacional. O público asistente pode degustar bonito en varias preparacións (á grella, cocido, en empanada...), incluíndo racións sen glute para comensais que sexan celíacos/as. A variedade de actividades que integran esta feira e os eventos relacionados teñen como principais obxectivos a reivindicación da historia, cultura e gastronomía mariñeira do pobo.
Cartaz deseñado pola Asociación Saúde Mental A Mariña
Programación XXXVI Feira do Bonito
Organizada desde os seus inicios pola Sociedade Cultural e Recreativa Ledicia, coa colaboración do Concello de Burela e Armadores de Burela, en cada edición non faltan citas musicais con marcado acento galego, que estarán protagonizadas nesta ocasión pola Banda da Loba e Familia Caamagno:
Actuacións musicais XXXVI Feira do Bonito
Para saber máis sobre a XXXVI Feira do Bonito pode consultar a súa páxina de Facebook.
Paralelamente á feira transcorre a XX edición de Produart, Feira de Produtos Artesáns e Ecolóxicos, organizada pola Fundación Expomar, que apoia a actividade de produtores e sectores que empregan métodos sostibles e non invasivos co medio natural fronte ás formas de producción convencionais.
Con entrada gratuíta, teñen cabida obradoiros, conferencias, actividades infantís...
Para saber máis sobre Produart, a súa filosofía, expositores/as e actividades visitar a súa páxina web, o Facebook de Expomar e consultar a programación en pdf.
O Certamen de Pinturas Murais Amarte trátase dun concurso, no que durante catro días, algúns dos/as mellores artistas urbanos do panorama actual plasman no muro portuario os seus lenzos xigantes baixo a mesma temática, o mar, creando un Museo de Arte ao aire libre arredor deste. Un museo vivo e dinámico, que medra ano tras ano, agosto tras agosto.
Museo ao Aire Libre de Pinturas Murais
Na súa VI edición estes serán os/as artistas participantes:
Poderase observar como os/as artistas traballan en vivo a partir do 4 de agosto. Para estar ao tanto de todo o relacionado co certame visitar o Facebook de Amarte.
Ademais, a Feira conta con outras catro actividades relacionadas:
- O II Tapeo Bonito, do 28 de xullo ao 7 de agosto, nos establecementos de restauración da vila, con tapas e pratos nas que o noso túnido favorito (do norte, de Burela) será o protagonista principal.
Para coñecer os establecementos participantes, pratos, tapas e horarios de degustación visite o apartado adicado ao II Tapeo Bonito.
- A II Quedada de Coches Clásicos:
- A I Ruta Enduro Monte Castelo Bonito de Burela:
- O IV Torneo Fútbol 11 Veteranos Feira do Bonito (6 de agosto, no Estadio da Marosa, final ás 13:00 horas).
- Certame de Bandas MÚSICA BONITA: