EXPOSICIÓN CREATURAS

Do luns 5 ao venres 30 de decembro poderemos gozar na Sala de Arte da Casa da Cultura de "Creaturas", exposición de acuarelas da pintora burelá Mercedes Maseda Pernas. Unha mostra de variados motivos na que se pode atopar dende casas a animais pasando por retratos, como o de Frida kahlo e Benedicta Sánchez ou paisaxes da zona. A autora inspírase principalmente na natureza e nas súas raíces ligadas a Galicia. Haberá sorpresas, photocall e ata un concurso para a xente que se achegue a vela.

Sala de Arte da Casa da Cultura de Burela
Do luns 5 ao venres 30 de decembro de 2022
De luns a venres de 11:00 a 13:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas