EL REGRESO DE SCAR

Tras o éxito en 2018 de "De Simba a Kiara", musical tributo a El Rey León, a prestixiosa Compañía Onbeat volta ao Auditorio Municipal de Burela para representar "El Regreso de Scar", musical tributo a El Rey León 2, o domingo 9 de xaneiro ás 18:00 horas. 
"El Regreso de Scar" trátase dunha visión totalmente innovadora tanto pola proposta de guión como pola posta en escena. A primeira delas relata como unha tribo africana revive a Scar buscando o seu rei e este cóntalle a historia de Simba desde un punto de vista moi distinto ao que se coñece. Doutra banda a presenza en escena do Ballet Internacional de Senegal é totalmente sorprendente, con bailes autóctonos de África, incluíndo percusión en directo e vestiario realizado no propio continente da Sabana. As cancións dos viláns, as máis famosas da película e algunha do musical de Broadway reúnense nun espectáculo único no seu xénero.