DOCTOR QUEEN

Freddie Mercury por sempre
Casa da Cultura de Burela
Sábado 8 de outubro de 2022 ás 21:30 horas
Entradas en Ataquilla.com

​Dr Queen Official Group, considerada a mellor banda tributo a Queen do mundo, chegará desde Arxentina para actuar na Casa de Cultura de Burela o Sábado 8 de Outubro ás 21:30 horas dentro da súa xira por España e presentarnos o seu novo espectáculo "Freddie Mercury por sempre". Un set list de máis de 25 cancións, todos os grandes éxitos de Queen e de Freddie Mercury como solista. Un show cheo de emoción para poder disfrutar en familia da música de Queen cunha posta en escena e vestimenta típica dos anos de ouro da banda británica. A potente voz de Jorge Busetto no papel de Freddie Mercury estará acompañada por increíbles músicos interpretando cada un ao seu alter ego: Alvaro Navarro Kahn como Brian May, Andrés Field como Roger Taylor, Daniel Ronchetti como John Deacon e a colaboración especial de Giuliana Busetto.