DESASTRONAUTS - MÁIS ALTO AÍNDA

Desastronauts - Máis alto aínda.

Desastronauts son a máis espectacular compañía de aéreos de Galicia. Unha muller forte, intelixente, atractiva e divertida topa cun home... Estúpido. El fará o que sexa para estar con ela, e ela fará todo o posible por escapar. Ela é dona de si mesma, el é infantil. Veremos como a súa loita frenética se intensifica a medida que atopan un trapecio de balanceo, cordas aéreas dobres e un hula-hoop de lume ata chegar a un incrible e emocionante número de aéreo de voo.

Desastronauts volven co seu exitoso dúo de acrobacias aéreas, humor e enredos de parella no aire con números de tan altísimo nivel como trapecio en voo que porán a pel de galiña a calquera espectador polo seu risco e espectacularidade sen comparación en Galicia.

Venres 13 de agosto ás 20:30 horas na Praza do Concello de Burela.