Charla para persoas maiores da DGT en colaboración co Concello de Burela

luns, 22 Novembro, 2021 - 17:30

NORMAS BÁSICAS E COMPORTAMENTOS COMO PEÓNS E CONDUTORES NAS VÍAS PÚBLICAS
Luns 22 de novembro ás 17:30 horas na Casa da Cultura de Burela.

Estamos a vivir unha época con bastantes accidentes de peóns, atropelos... por todo isto a Xefatura de Tráfico en colaboración co Concello de Burela vai a realizar unha charla informativa destinada ás persoas maiores para lembrarlles como deben comportarse como peóns nas vías públicas e mesmo algúns aínda estarán a utilizar o seu vehículo particular polo que se lles lembrará algunhas normas básicas. Repartiranse chalecos reflectores entre os asistentes.