Castiñeiro Centenario

Situado nunha fermosa contorna de arboreda autóctona, atravesada polo curso do río Pomeda, atopamos un interesante castiñeiro que supera os cen anos.

É un dos puntos de parada da Ruta Circular de Burela, un roteiro de sendeirismo de pouco máis de 16 quilómetros, aínda que tamén é posible acceder en vehículo ata as súas inmediacións, a uns catro minutos a pé.

Moi próximo a pé da igrexa de Vila do Medio, os restos dun muíño e da fonte e lavadoiro de Lamela, pódense visitar conxuntamente nun plácido paseo duns 25 minutos (ida e volta).

Esta é unha proposta de percorrido que podedes seguir na aplicación de wikiloc: https://es.wikiloc.com/rutas-a-pie/castineiro-centenario-igrexa-da-vila-do-medio-75333294

Nome científico: Castanea sativa Mill. O castiñeiro é unha árbore caducifolia autóctona de Galicia, empregando tradicionalmente a súa madeira para tonelería e cestería. Tamén para pisos e mobles. O seu froito, o ourizo, florece entre maio e xuño, e a castaña, chega á súa maduración no outono, sendo moi apreciada no mundo. A castaña foi básica na alimentación dos galegos.

Como chegar en vehículo?

Aparcamos na zona habilitada para iso na Avenida de Pomeda, preto de Talleres Pomeda, na saída da vila cara Cervo. Cruzamos por un dos pasos de peóns para dirixirnos a eses talleres de coches, para a continuación atravesar o seu aparcamento ata adentrarnos por Camiño da Mulariña. Seguindo todo recto, sen desviarnos, en catro minutos chegaremos a unha pequena ponte de ferro e ao castiñeiro centenario.

Igualmente, poderíase continuar en coche polo Camiño da Mulariña ata o castiñeiro, pero débese ter en conta que a estrada é estreita e no lugar só terían cabida uns dous coches.