Todo o día
|
Actividades Escolas Deportivas 2021-2022
luns, 4 Outubro, 2021 - 15:30 a venres, 27 Maio, 2022 - 17:00 ACTIVIDADES ESCOLAS DEPORTIVAS 2021-2022
- PATINAXE LÚDICO
Pavillón dos Castros
Luns de 15:30 a 17:30 horas.
- RUTAS EN BICICLETA
Praza do Concello
Mércores e Xoves de 15:30 a 17:00 horas.
- TENIS
Pavillón dos Castros
Martes de 15:30 a 16:30 horas.
luns, 4 Outubro, 2021 - 15:30 a venres, 27 Maio, 2022 - 17:00
Exposición: Gromo
venres, 4 Febreiro, 2022 - 19:00 a luns, 28 Febreiro, 2022 - 20:00 Gromo é unha exposición de xilografías a cargo do artista Eloy Hermida.
Inauguración o venres 4 de febreiro ás 19:00 horas.
Do 4 ao 28 de febreiro.
De luns a venres de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas.
Sala de Arte da Casa da Cultura de Burela.
GROMO
Gromo é un proxecto artístico composto por diversas obras que representan a mitoloxía e paisaxes galegas cunha gran carga simbólica.
O noso folclore sempre serviu para representar os medos e frustracións da sociedade galega, neste caso revivimos estes mitos para simbolizar as preocupacións máis contemporáneas.
Galicia conta cun folclore tan extenso e rico coma as súas terras, pero hoxe en día estase a desvanecer pola perda da súa tradición oral.
O obxectivo do GROMO é achegar de novo as historias que inundaron os nosos pobos á súa xente.
Búscase revivir o folclore galego dándoo a coñecer ás novas xeracións por medio da súa linguaxe artística.
Autor: Eloy Hermida.
venres, 4 Febreiro, 2022 - 19:00 a luns, 28 Febreiro, 2022 - 20:00
|