Pestanas principais

luns, Setembro 6 2021

Todo o día
Xeorutas Verán 2021

Xeorutas Verán 2021

xoves, 1 Xullo, 2021 - 16:30 a sábado, 18 Setembro, 2021 - 13:30

Xeorutas Verán 2021.

Gustariache desentrañar a historia da terra a través das rochas e formacións do noso litoral e da nosa montaña? Coas catro xeorutas que che propoñemos gozarás de paisaxes que atesouran estruturas curiosas, singulares e monumentais de gran beleza á vez que aprendes sobre elas. E que mellor sitio para facelo que Burela, declarada oficialmente lugar de importancia xeolóxica de relevancia mundial.

Terán lugar dúas veces por semana nos meses de xullo, agosto e primeiros de setembro. Inscripcións no bloghttps://rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com/ ou na Oficina de Información Turística. O prazo para anotarse ábrese sete días antes da data de cada xeoruta. Teléfono: 982 888 506. Rutas gratuítas.

xoves, 1 Xullo, 2021 - 16:30 a sábado, 18 Setembro, 2021 - 13:30
 
Exposición Aula do Mar

Exposición Aula do Mar

martes, 3 Agosto, 2021 - 10:00 a mércores, 29 Setembro, 2021 - 20:00

Exposición Aula do Mar - Asociación Saúde Mental A Mariña.

Sala de Arte da Casa da Cultura de Burela.
Do 3 de agosto ao 29 de setembro de 2021.
Horario de agosto: de luns a venres | mañás de 10:00 a 14:00 horas.
Horario de setembro: de luns a venres | mañás de 10:00 a 13:00 horas e tardes de 17:00 a 20:00 horas.

martes, 3 Agosto, 2021 - 10:00 a mércores, 29 Setembro, 2021 - 20:00
 
 
Before 01
01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
 
Exposición Dereitos Humanos en Mozambique

Exposición Dereitos Humanos en Mozambique

martes, 3 Agosto, 2021 - 09:00 a luns, 6 Setembro, 2021 - 15:00

Chega a Burela a exposición do Fondo Galego sobre Dereitos Humanos en Mozambique.

A mostra reúne as fotografías realizadas polo reporteiro Adrián Irago no país lusófono tras gañar a última edición do certame Imaxes con Fondo.

A Praza do Concello acolle ata o 6 de setembro a exposición ‘Dereitos Humanos en Mozambique: acompañando a mellora da saúde e a educación desde a cooperación municipalista’, promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que é socio o Concello de Burela. A mostra ofrece unha panorámica dos proxectos de desenvolvemento apoiados no país lusófono, canda intres da vida cotiá, a través das fotografías realizadas polo reporteiro Adrián Irago, que viaxou á zona como gañador do certame Imaxes con Fondo III.

A exposición, que se estreou polo 70º aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, estrutúrase en cinco cubos que nos achegan á realidade mozambicana, comezando polas iniciativas de loita contra a pobreza cofinanciadas desde o ano 2001 en materia de educación, saúde ou abastecemento de auga. O Fondo Galego ten impulsado no país africano unha decena de proxectos, que supuxeron uns 340.000 euros de investimento e que na súa maioría se levaron a cabo coa Casa do Gaiato e a súa “irmá” a Fundação Encontro como parceiros locais, pero tamén coa colaboración de ONGD galegas, da Asociación Nacional de Municipios de Mozambique (ANAMM) ou do Programa das Nacións Unidas para o desenvolvemento (PNUD). 

Nos últimos tempos, executouse canda a Fundação Encontro unha intervención co deporte como ferramenta para previr doenzas e adiccións entre a mocidade. Tamén se traballou directamente co municipio de Nhamayábue para a construción de pequenos sistemas de abastecemento de auga. Adrián Irago visitou estes e outros proxectos anteriores, coma o realizado con Ecos do Sur para reparar un centro educativo na contorna de Maputo ou o impulsado canda Arquitectura sen Fronteiras para mellorar as condicións sanitarias na provincia de Inhambane. O seu obxectivo recolleu ademais actividades económicas, aspectos culturais, momentos de lecer, espazos naturais, etc.

O fotógrafo
Adrián Irago, que traballou en medios locais durante varios anos, conta na súa andaina con galardóns coma o Premio Nacional de Fotoperiodismo da Asociación Nacional de Informadores Gráficos de Prensa y Televisión. Entre os traballos do fotoxornalista vigués destaca a cobertura dos desafiuzamentos en Madrid de 2012, os incendios en Galicia de 2013 e a ruta das persoas refuxiadas en 2015, que o levou a percorrer Grecia, Macedonia, Serbia, Alemaña e Francia.
Un dos países máis empobrecidos
Mozambique ten experimentado un crecemento considerable desde o Acordo de Paz asinado en 1992 que puxo fin a dezaseis anos de guerra civil, mais o seu Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) segue a ser dos máis baixos do planeta. A pobreza atinxe ao 55% da poboación, especialmente as mulleres, e a esperanza de vida sitúase nos 57 anos. No entanto, trátase dun país cun gran potencial e existen iniciativas locais desde as que se loita por reverter esa situación, algunhas delas con colaboración internacional. Tal é o caso dos concellos e organizacións apoiadas polo Fondo Galego e as administracións locais socias.
O Fondo Galego
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 98 concellos e as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Recoñecido como axencia municipal da cooperación galega, desde a súa fundación en 1997 o Fondo Galego ten desenvolvido uns 170 proxectos en 32 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.  


+info: https://fondogalego.gal/o-fondo-galego-promove-cinco-proxectos-contra-o-...

martes, 3 Agosto, 2021 - 09:00 a luns, 6 Setembro, 2021 - 15:00