Pestanas principais

domingo, Agosto 29 2021

Todo o día
Xeorutas Verán 2021

Xeorutas Verán 2021

xoves, 1 Xullo, 2021 - 16:30 a sábado, 18 Setembro, 2021 - 13:30

Xeorutas Verán 2021.

Gustariache desentrañar a historia da terra a través das rochas e formacións do noso litoral e da nosa montaña? Coas catro xeorutas que che propoñemos gozarás de paisaxes que atesouran estruturas curiosas, singulares e monumentais de gran beleza á vez que aprendes sobre elas. E que mellor sitio para facelo que Burela, declarada oficialmente lugar de importancia xeolóxica de relevancia mundial.

Terán lugar dúas veces por semana nos meses de xullo, agosto e primeiros de setembro. Inscripcións no bloghttps://rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com/ ou na Oficina de Información Turística. O prazo para anotarse ábrese sete días antes da data de cada xeoruta. Teléfono: 982 888 506. Rutas gratuítas.

xoves, 1 Xullo, 2021 - 16:30 a sábado, 18 Setembro, 2021 - 13:30
 
Burela de Ruta - Verán 2021

Burela de Ruta - Verán 2021

martes, 8 Xuño, 2021 - 09:00 a martes, 31 Agosto, 2021 - 15:00

O Concello de Burela presenta a súa programación turística para o verán 2021.

Consistirá nunha serie de visitas guiadas que darán comezo ou ampliarán os seus horarios a partir do día 8 de xuño, coincidindo co remate das súas festas patronais, e coas que se pretende dar a coñecer e poñer en valor o seu patrimonio xeolóxico, mariñeiro e artístico-cultural, apostando por un turismo sostible e de calidade.

martes, 8 Xuño, 2021 - 09:00 a martes, 31 Agosto, 2021 - 15:00
 
Exposición Aula do Mar

Exposición Aula do Mar

martes, 3 Agosto, 2021 - 10:00 a mércores, 29 Setembro, 2021 - 20:00

Exposición Aula do Mar - Asociación Saúde Mental A Mariña.

Sala de Arte da Casa da Cultura de Burela.
Do 3 de agosto ao 29 de setembro de 2021.
Horario de agosto: de luns a venres | mañás de 10:00 a 14:00 horas.
Horario de setembro: de luns a venres | mañás de 10:00 a 13:00 horas e tardes de 17:00 a 20:00 horas.

martes, 3 Agosto, 2021 - 10:00 a mércores, 29 Setembro, 2021 - 20:00
 
Exposición Dereitos Humanos en Mozambique

Exposición Dereitos Humanos en Mozambique

martes, 3 Agosto, 2021 - 09:00 a luns, 6 Setembro, 2021 - 15:00

Chega a Burela a exposición do Fondo Galego sobre Dereitos Humanos en Mozambique.

A mostra reúne as fotografías realizadas polo reporteiro Adrián Irago no país lusófono tras gañar a última edición do certame Imaxes con Fondo.

A Praza do Concello acolle ata o 6 de setembro a exposición ‘Dereitos Humanos en Mozambique: acompañando a mellora da saúde e a educación desde a cooperación municipalista’, promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que é socio o Concello de Burela. A mostra ofrece unha panorámica dos proxectos de desenvolvemento apoiados no país lusófono, canda intres da vida cotiá, a través das fotografías realizadas polo reporteiro Adrián Irago, que viaxou á zona como gañador do certame Imaxes con Fondo III.

A exposición, que se estreou polo 70º aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, estrutúrase en cinco cubos que nos achegan á realidade mozambicana, comezando polas iniciativas de loita contra a pobreza cofinanciadas desde o ano 2001 en materia de educación, saúde ou abastecemento de auga. O Fondo Galego ten impulsado no país africano unha decena de proxectos, que supuxeron uns 340.000 euros de investimento e que na súa maioría se levaron a cabo coa Casa do Gaiato e a súa “irmá” a Fundação Encontro como parceiros locais, pero tamén coa colaboración de ONGD galegas, da Asociación Nacional de Municipios de Mozambique (ANAMM) ou do Programa das Nacións Unidas para o desenvolvemento (PNUD). 

Nos últimos tempos, executouse canda a Fundação Encontro unha intervención co deporte como ferramenta para previr doenzas e adiccións entre a mocidade. Tamén se traballou directamente co municipio de Nhamayábue para a construción de pequenos sistemas de abastecemento de auga. Adrián Irago visitou estes e outros proxectos anteriores, coma o realizado con Ecos do Sur para reparar un centro educativo na contorna de Maputo ou o impulsado canda Arquitectura sen Fronteiras para mellorar as condicións sanitarias na provincia de Inhambane. O seu obxectivo recolleu ademais actividades económicas, aspectos culturais, momentos de lecer, espazos naturais, etc.

O fotógrafo
Adrián Irago, que traballou en medios locais durante varios anos, conta na súa andaina con galardóns coma o Premio Nacional de Fotoperiodismo da Asociación Nacional de Informadores Gráficos de Prensa y Televisión. Entre os traballos do fotoxornalista vigués destaca a cobertura dos desafiuzamentos en Madrid de 2012, os incendios en Galicia de 2013 e a ruta das persoas refuxiadas en 2015, que o levou a percorrer Grecia, Macedonia, Serbia, Alemaña e Francia.
Un dos países máis empobrecidos
Mozambique ten experimentado un crecemento considerable desde o Acordo de Paz asinado en 1992 que puxo fin a dezaseis anos de guerra civil, mais o seu Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) segue a ser dos máis baixos do planeta. A pobreza atinxe ao 55% da poboación, especialmente as mulleres, e a esperanza de vida sitúase nos 57 anos. No entanto, trátase dun país cun gran potencial e existen iniciativas locais desde as que se loita por reverter esa situación, algunhas delas con colaboración internacional. Tal é o caso dos concellos e organizacións apoiadas polo Fondo Galego e as administracións locais socias.
O Fondo Galego
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 98 concellos e as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Recoñecido como axencia municipal da cooperación galega, desde a súa fundación en 1997 o Fondo Galego ten desenvolvido uns 170 proxectos en 32 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.  


+info: https://fondogalego.gal/o-fondo-galego-promove-cinco-proxectos-contra-o-...

martes, 3 Agosto, 2021 - 09:00 a luns, 6 Setembro, 2021 - 15:00
 
 
Before 01
01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
 
Tobogáns Acuáticos

Tobogáns Acuáticos

xoves, 26 Agosto, 2021 - 11:00 a domingo, 29 Agosto, 2021 - 19:30

Do 26 ao 29 de agosto de 2021.
Praza do Concello de Burela.
Mañás de 11:00 a 13:30 horas e tardes de 16:00 a 19:30 horas.

xoves, 26 Agosto, 2021 - 11:00 a domingo, 29 Agosto, 2021 - 19:30
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Rastro Popular Solidario de Burela

Rastro Popular Solidario de Burela

domingo, 29 Agosto, 2021 - 10:00 a 15:00

NORMATIVA REGULADORA DA PARTICIPACIÓN NO RASTRO POPULAR SOLIDARIO DE BURELA

Domingo 29 de agosto de 2021

OBXECTOS DE VENDA OU INTERCAMBIO

1.- O valor estipulado pola Organización para un obxecto será de:

Máximo de 500€ e mínimo de 1€.

2.- Poderanse vender todos aqueles artigos que polas súas propias características poidan ser vendidos en situacións máis vantaxosas que as habituais, que sexan de segunda man, en bo estado de uso e conservación, incluído antigüidades, ou artesanais procedentes do traballo manual, e que non comporten risco algún para o comprador.

3.- Neste rastro non poderán venderse ou intercambiarse os seguintes produtos:

- Artigos perecedoiros, tales como bebidas e alimentación, en calquera das súas formas.

- Produtos químicos.

- Animais.

- Armas nin produtos explosivos.

- Aqueles produtos que precisen carné de manipulador ou autorización especial para a súa venda.

4.- Os obxectos preferiblemente levarán indicado o prezo de venda.

REQUISITOS E SOLICITUDE DE  PARTICIPACIÓN

Recepción de solicitudes:

A data límite de recepción de solicitudes é o xoves 26 de agosto de 2021.

Recepción de solicitudes:

No enderezo electrónico: casaxuventude@burela.org

Nos teléfonos: 982581141 - 608158170

Ou persoalmente na casa da Xuventude ou no Concello de Burela.

Requisitos das persoas participantes:

Poderán participar no mesmo, previa inscrición, persoas maiores de idade e asociacións. Todos os participantes deberán colaborar traendo 1 kg de alimento para a súa posterior doazón.

Duración e horarios:

O rastro terá lugar o día 29 de agosto, na Praza de A Mariña sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan. De non ser así, celebraríase na Praza de Abastos. As persoas participantes comprométense a respectar en todo momento o horario do mercado (montaxe, apertura e peche). De 10:00 h a 15:00 h.

Para a montaxe o mesmo día a partir das 9:00 h da mañá.

Admisión:

As solicitudes de participación, faranse aportando nome completo, teléfono e DNI.

Confirmación de participación:

A confirmación da participación notificarase telefonicamente.

Responsabilidade dos bens do participante:

Os participantes son responsables exclusivos dos seus propios bens ante calquera perda, roubo ou dano ocasionado no posto, mobiliario ou produtos que expoñen ou venden, polo que este Concello se exime de calquera responsabilidade. Recoméndase que cada participante dispoña de Seguro de Responsabilidade Civil propio.

NORMAS DE PARTICIPACIÓN

1.- Todos os participantes deberán colaborar traendo 1 kg de alimento para a súa posterior doazón.

2.- Cada participante conta cun espazo máximo de 3 x 1 metros (mesa proporcionada polo Concello).

3.- Cada persoa instalará o seu posto, non se permite cravar no chan ni calquera outro tipo de elemento que poida danar o pavimento. Os DANOS ocasionados pola colocación do posto ou do desenrolo da actividade deberá ser reparado polas persoas responsables dos mesmos. Trala retirada do posto procederase á limpeza do lugar ocupado e o seu entorno. Si o Concello de Burela tivera que proceder, no defecto do anterior, a ditas labores de limpeza, repercutirá o seu custo ó titular do posto correspondente.

4.- Non se admitirán animais nos postos, por motivo de que poidan ocasionar danos ou molestias a outras persoas.

5.- Cumpriranse as medidas anti-covid en vigor no DOGA no momento da celebración do evento, e como medidas xerais as seguintes:

- Non poden superarse o 50% dos postos habituais ou autorizados, asegurando así o mantemento da distancia de seguridade interpersoal.

- Estableceranse uns requisitos de distanciamento entre os postos e delimitacións do mercado.

- O uso de máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal indicada.

- Durante o proceso de atención ó consumidor deberá manterse a distancia de seguridade interpersoal establecida entre o vendedor e o consumidor, que poderá ser dun metro cando se atope con elementos de protección ou barreira.

- Cada vendedor porá a disposición dos consumidores un dispensador de xel hidroalcólico.

- Procurarase evitar a manipulación directa de produtos por parte dos clientes.

NOTA: MÍNIMO DE 5 É MÁXIMO DE 30 POSTOS PARA A REALIZACIÓN DO RASTRO.

O INCUMPRIMENTO DAS NORMAS XERAIS IMPLICA A EXCLUSIÓN INMEDIATA DA PARTICIPACIÓN NO MERCADO.

domingo, 29 Agosto, 2021 - 10:00 a 15:00