Pestanas principais

xoves, Agosto 12 2021

Todo o día
Xeorutas Verán 2021

Xeorutas Verán 2021

xoves, 1 Xullo, 2021 - 16:30 a sábado, 18 Setembro, 2021 - 13:30

Xeorutas Verán 2021.

Gustariache desentrañar a historia da terra a través das rochas e formacións do noso litoral e da nosa montaña? Coas catro xeorutas que che propoñemos gozarás de paisaxes que atesouran estruturas curiosas, singulares e monumentais de gran beleza á vez que aprendes sobre elas. E que mellor sitio para facelo que Burela, declarada oficialmente lugar de importancia xeolóxica de relevancia mundial.

Terán lugar dúas veces por semana nos meses de xullo, agosto e primeiros de setembro. Inscripcións no bloghttps://rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com/ ou na Oficina de Información Turística. O prazo para anotarse ábrese sete días antes da data de cada xeoruta. Teléfono: 982 888 506. Rutas gratuítas.

xoves, 1 Xullo, 2021 - 16:30 a sábado, 18 Setembro, 2021 - 13:30
 
Ocioteca de Verán 2021

Ocioteca de Verán 2021

xoves, 1 Xullo, 2021 - 09:00 a xoves, 26 Agosto, 2021 - 14:00

Ocioteca de Verán 2021

Para nenas e nenos empadroados no Concello de Burela, que cursaran Infantil ou Primaria no curso escolar 2020/2021.
As actividades da Ocioteca serán de luns a venres do 1 de xullo ao 26 de agosto.
Preinscricións do 8 ao 11 de Xuño na oficina de Gaia.

xoves, 1 Xullo, 2021 - 09:00 a xoves, 26 Agosto, 2021 - 14:00
 
Burela de Ruta - Verán 2021

Burela de Ruta - Verán 2021

martes, 8 Xuño, 2021 - 09:00 a martes, 31 Agosto, 2021 - 15:00

O Concello de Burela presenta a súa programación turística para o verán 2021.

Consistirá nunha serie de visitas guiadas que darán comezo ou ampliarán os seus horarios a partir do día 8 de xuño, coincidindo co remate das súas festas patronais, e coas que se pretende dar a coñecer e poñer en valor o seu patrimonio xeolóxico, mariñeiro e artístico-cultural, apostando por un turismo sostible e de calidade.

martes, 8 Xuño, 2021 - 09:00 a martes, 31 Agosto, 2021 - 15:00
 
Actividades de Verán 2021

Actividades de Verán 2021

luns, 28 Xuño, 2021 - 09:00 a venres, 27 Agosto, 2021 - 14:00

Actividades de Verán 2021

Poderán participar nas actividades todas as nenas e nenos que naceron entre os anos 2009 e 2015.
As actividades comezarán o luns 28 de xuño e rematarán o venres 27 de agosto.
A inscrición faranse na Casa da Xuventude a partir das 08:00 horas do luns 21 de xuño.
A cota de inscrición é de 8 euros/mes por actividade.

luns, 28 Xuño, 2021 - 09:00 a venres, 27 Agosto, 2021 - 14:00
 
Exposición Aula do Mar

Exposición Aula do Mar

martes, 3 Agosto, 2021 - 10:00 a mércores, 29 Setembro, 2021 - 20:00

Exposición Aula do Mar - Asociación Saúde Mental A Mariña.

Sala de Arte da Casa da Cultura de Burela.
Do 3 de agosto ao 29 de setembro de 2021.
Horario de agosto: de luns a venres | mañás de 10:00 a 14:00 horas.
Horario de setembro: de luns a venres | mañás de 10:00 a 13:00 horas e tardes de 17:00 a 20:00 horas.

martes, 3 Agosto, 2021 - 10:00 a mércores, 29 Setembro, 2021 - 20:00
 
Exposición Dereitos Humanos en Mozambique

Exposición Dereitos Humanos en Mozambique

martes, 3 Agosto, 2021 - 09:00 a luns, 6 Setembro, 2021 - 15:00

Chega a Burela a exposición do Fondo Galego sobre Dereitos Humanos en Mozambique.

A mostra reúne as fotografías realizadas polo reporteiro Adrián Irago no país lusófono tras gañar a última edición do certame Imaxes con Fondo.

A Praza do Concello acolle ata o 6 de setembro a exposición ‘Dereitos Humanos en Mozambique: acompañando a mellora da saúde e a educación desde a cooperación municipalista’, promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que é socio o Concello de Burela. A mostra ofrece unha panorámica dos proxectos de desenvolvemento apoiados no país lusófono, canda intres da vida cotiá, a través das fotografías realizadas polo reporteiro Adrián Irago, que viaxou á zona como gañador do certame Imaxes con Fondo III.

A exposición, que se estreou polo 70º aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, estrutúrase en cinco cubos que nos achegan á realidade mozambicana, comezando polas iniciativas de loita contra a pobreza cofinanciadas desde o ano 2001 en materia de educación, saúde ou abastecemento de auga. O Fondo Galego ten impulsado no país africano unha decena de proxectos, que supuxeron uns 340.000 euros de investimento e que na súa maioría se levaron a cabo coa Casa do Gaiato e a súa “irmá” a Fundação Encontro como parceiros locais, pero tamén coa colaboración de ONGD galegas, da Asociación Nacional de Municipios de Mozambique (ANAMM) ou do Programa das Nacións Unidas para o desenvolvemento (PNUD). 

Nos últimos tempos, executouse canda a Fundação Encontro unha intervención co deporte como ferramenta para previr doenzas e adiccións entre a mocidade. Tamén se traballou directamente co municipio de Nhamayábue para a construción de pequenos sistemas de abastecemento de auga. Adrián Irago visitou estes e outros proxectos anteriores, coma o realizado con Ecos do Sur para reparar un centro educativo na contorna de Maputo ou o impulsado canda Arquitectura sen Fronteiras para mellorar as condicións sanitarias na provincia de Inhambane. O seu obxectivo recolleu ademais actividades económicas, aspectos culturais, momentos de lecer, espazos naturais, etc.

O fotógrafo
Adrián Irago, que traballou en medios locais durante varios anos, conta na súa andaina con galardóns coma o Premio Nacional de Fotoperiodismo da Asociación Nacional de Informadores Gráficos de Prensa y Televisión. Entre os traballos do fotoxornalista vigués destaca a cobertura dos desafiuzamentos en Madrid de 2012, os incendios en Galicia de 2013 e a ruta das persoas refuxiadas en 2015, que o levou a percorrer Grecia, Macedonia, Serbia, Alemaña e Francia.
Un dos países máis empobrecidos
Mozambique ten experimentado un crecemento considerable desde o Acordo de Paz asinado en 1992 que puxo fin a dezaseis anos de guerra civil, mais o seu Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) segue a ser dos máis baixos do planeta. A pobreza atinxe ao 55% da poboación, especialmente as mulleres, e a esperanza de vida sitúase nos 57 anos. No entanto, trátase dun país cun gran potencial e existen iniciativas locais desde as que se loita por reverter esa situación, algunhas delas con colaboración internacional. Tal é o caso dos concellos e organizacións apoiadas polo Fondo Galego e as administracións locais socias.
O Fondo Galego
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 98 concellos e as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Recoñecido como axencia municipal da cooperación galega, desde a súa fundación en 1997 o Fondo Galego ten desenvolvido uns 170 proxectos en 32 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.  


+info: https://fondogalego.gal/o-fondo-galego-promove-cinco-proxectos-contra-o-...

martes, 3 Agosto, 2021 - 09:00 a luns, 6 Setembro, 2021 - 15:00
 
 
Before 01
01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23