Pestanas principais

domingo, Abril 25 2021

Todo o día
Certame de narración e debuxo infantil

Certame de narración e debuxo infantil

xoves, 8 Abril, 2021 - 09:00 a venres, 7 Maio, 2021 - 13:00

CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL
Letras Galegas 2021

-Convocatoria Local -

A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE BURELA convoca o CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2021 (Fase Local), de acordo coas seguintes bases:

1.- Poden participar todas as nenas e  nenos con:

- A) Narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, sobre o tema: “O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural. (Art. 31 Convención sobre os Dereitos do Neno).”

- B) Debuxos, feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4, sobre o tema: “O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural. (Art. 31 Convención sobre os Dereitos do Neno).”

2.- Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados, escritos a computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor.

3.- Establécense tres categorías: A, ata 8 anos, B, de 9 a 11 anos, C, de 12 a 16 anos.

4.- O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro  7 de maio, debendo ser entregados polos seus autores na BIBLIOTECA MUNICIPAL.

5.- O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos.

6.- O fallo do xurado local farase público antes do DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

7.- Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.

8.- Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.

9.- Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.

10.- A presentación das obras a este Certame supón a aceptación das presentes bases.

xoves, 8 Abril, 2021 - 09:00 a venres, 7 Maio, 2021 - 13:00
 
VII Concurso de Lemas e VII Concurso de Debuxo - Pintura

VII Concurso de Lemas e VII Concurso de Debuxo - Pintura

xoves, 15 Abril, 2021 - 11:18 a luns, 10 Maio, 2021 - 15:00

VII CONCURSO DE LEMAS
VII CONCURSO DE DEBUXO - PINTURA

21 de marzo: Día internacional para a eliminación da discriminación racial.

A Delegación de Inmigración, Cooperación e Integración convoca a sétima edición do Concurso de Lemas e a sétima edición do Concurso de Debuxo - Pintura.
Data límite: 10 de maio de 2021.

 

BASES REGULADORAS DO VII CONCURSO DE LEMAS “21 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA DISCRIMINACIÓN RACIAL”

O Concello de Burela, consonte ao previsto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, e no que sexa de aplicación, o Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo e Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, e ao obxecto de sensibilizar e previr sobre a problemática da discriminación racial.

PRIMEIRA.- DEFINICIÓN E OBXECTO

Constitúe o obxecto das presentes bases a regulación do procedemento aplicable para o outorgamento dos premios do Concurso de Lemas “21 de Marzo: Día Internacional para a eliminación da discriminación racial”, organizado polo Concello de Burela.

SEGUNDA.- REQUISITOS DOS PARTICIPANTES

Poderá participar no concurso calquera persoa que así o decida, existindo unha soa categoría. Os menores de idade terán que estar autorizados polo pai/nai ou titor/a.

TERCEIRA.- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR E LUGAR

A documentación a presentar será a seguinte:

- Fichas de inscrición establecida ao efecto (Anexo I)

- Autorización do pai, nai ou titor/a legal para os menores de idade (AnexoI)

- D.N.I. ou no seu caso libro de familia.

Os traballos poderán presentarse de forma presencial no Rexistro Municipal ou a través de correo postal, no caso de ser entregados por este último medio o autor/a deberá mandar, dentro do prazo de presentación de instancias por fax ou correo electrónico xustificante da súa presentación.

O enderezo postal é:

Concello de Burela
Programa de Atención a Inmigrantes
R/ Eijo Garay, 20
27880 Burela
Lugo

Correo electrónico: integracioninmigrantes@burela.org

CUARTA.- NORMAS DE ELABORACIÓN DOS LEMAS E PRESENTACIÓN DOS MESMOS

Os lemas deberán:

  1. Estar relacionados co motivo obxecto destas bases.
  2. O lema debe constar de sete palabras como máximo, en lingua galega ou castelán.
  3. Cada participante pode enviar ata un máximo de cinco lemas.
  4. Todos os traballos deberán ser inéditos.
  5. O/a participante ou os/as participantes maniféstanse garantes baixo a súa responsabilidade que é ou son os únicos titulares de todos os dereitos de autor sobre o traballo que presenta e responsabilaranzse totalmente de que non existan dereitos de terceiros nas obras presentadas, así como de toda reclamación de terceiros por dereito de autoría.

Os traballos deberán ser presentados en dous sobres pechados:

O primeiro conterá:

a)  o lema asinado con pseudónimo (o lema que se asine cos datos persoais do autor/a quedará excluido)

b) un segundo sobre pechado cos datos persoais e identificado co pseudónimo usado polo autor/a (Anexo I)

No exterior do primeiro sobre debe de figurar o pseudónimo co que participa.

O xurado non terá coñecemento en ningún momento da autoría de cada unha das obras.

QUINTA.- CRITERIOS DE VALORACIÓN

Os criterios de valoración serán o contido e tratamento do tema, orixinalidade e expresión.

SEXTA.- PRAZO DE PRESENTACIÓN

A prazo para a presentación dos traballos remata un mes despois da publicación destas bases no B.O.P. de Lugo.

SÉPTIMA. COMPOSICIÓN DO XURADO

O xurado deste concurso estará composto por tres persoas:

  1. Dna. Noelia María Ben Vázquez, Concelleira de Inmigración e Cooperación do Concello de Burela.
  2. D. Ángel Rubiños Ben, Director da Casa da Cultura.
  3. D. Jaime Méndez García, Director da Casa da Xuventude

Actuará como secretaria do xurado a Técnico do Programa de Atención a Inmigrantes do Concello de Burela, con voz e sen voto.

Unha vez rematado o prazo de entrega de traballos, o xurado reunirase e levantará acta na que conste o/a premiado/a.

OITAVA.- CRÉDITO ORZAMENTARIO

A contía máxima destinada ao presente premio é de 60 € (partida presupostaria 2311/489)

NOVENA.- PREMIOS

O premio para o gañador/a será:

1º Premio: lote valorado en 60 €

O xurado poderá deixar deserto o premio, se así o considera oportuno.

De acordo con RD 439/2007, de 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento sobre a Renda das Persoas Físicas, non están suxeitos a retención ningún dos anteriores premios.

DÉCIMA.- INCOMPATIBILIDADES

A mesma persoa  non poderá presentar máis de cinco lemas.

DÉCIMO PRIMEIRA.- CESIÓN E AUTORIZACIÓN DE DEREITOS

Os dereitos do autor/a do lema manteranse, pero cederanse gratuitamente ao Concello de Burela os dereitos de uso, reproducción e difusión, citando en todo momento a autoría do mesmo.

Os traballos participantes poderán ser obxecto de exposición en espazos de relevo cultural, artístico e educativo do Concello de Burela.

DÉCIMO SEGUNDA.- PROCEDEMENTO E ENTREGA DE PREMIOS

Sobre a acta do xurado emitirase informe-proposta  que se elevará ao Alcalde-Presidente, órgano competente para a concesión dos premios, que se outorgarán mediante Resolución de Alcaldía.

O fallo do xurado darase a coñecer aos gañadores/as a través de chamada telefónica ou correo electrónico, sen prexuizo da obrigatoria notificación da resolución.

Os premios entregaranse en acto público na data que se publicitará na páxina web e prensa local.

DÉCIMO TERCEIRA.- ACEPTACIÓN DAS BASES E PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

A participación no Concurso supón a plena aceptación das bases e fai responsable a cada concursante da autoría e orixinalidade do traballo presentado; para calquera decisión sobre o mesmo queda facultado o xurado do concurso e a propia Concellaría de Inmigración e Cooperación do Concello de Burela.

A súa decisión é inapelable.

A concorrencia ao proceso de concesión de subvencións implicará a manifestación tácita do consentiento inequivoco ao tratamento de datos de carácter persoal e a súa publicación de acordo co previsto na Lei Orgánica 15/99, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal. A finalidade da recollida e tratamentos dos datos persoais será estrictamente á xestión e tramitación do expediente correspondiente.

DÉCIMO CUARTA.- INFORMACIÓN AOS BENEFICIARIOS DOS PREMIOS

Con carácter xeral os premios están incluidos no ámbito da aplicación da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, polo que o Concello de Burela é un órgano obligado a facilitar información da concesión dos presentes premios á Base de Datos Nacional de Subvencións. Igualmente, con carácter xeral, non obstante o establecido na base décima (non existe obriga de practicar retención por ser inferiores a 300,00.-Euros), os premios están suxeitos ao IRPF segundo o establecido no artigo 75.2 do R.D. 439/2007, de 30 de marzo, sendo a Axencia Estatal da Administración Tributaria un dos órganos cesionarios dos datos rexistrados na Base de Datos Nacional de Subvencións en virtude da colaboración coa Adminstración Tributaria que establece o artigo 20 da Lei 38/2003, de 17 de novembro.

 

BASES REGULADORAS DO VII CONCURSO DE DEBUXO-PINTURA “21 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA DISCRIMINACIÓN RACIAL”

O Concello de Burela, consonte ao previsto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, e no que sexa de aplicación, o Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo e Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, e ao obxecto de sensibilizar e previr sobre a problemática da discriminación racial.

PRIMEIRA.- DEFINICIÓN E OBXECTO

Constitúe o obxecto das presentes bases a regulación do procedemento aplicable para o outorgamento dos premios do Concurso de Debuxo - Pintura “21 de Marzo: Día Internacional para a eliminación da discriminación racial”, organizado polo Concello de Burela.

SEGUNDA.- REQUISITOS DOS PARTICIPANTES

Poderá participar no concurso calquera persoa que así o decida sempre e cando teñan cumpridos 6 anos o último día da presentación de traballos.

TERCEIRA.- CATEGORÍAS

Haberá 3 categorías:

  • Categoría 1ª:    de 6 ata 12 anos.
  • Categoría 2ª:     de 13 ata 17 anos.
  • Categoría 3ª:     de 18 anos en diante.

CUARTA.- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR E LUGAR

A documentación a presentar será a seguinte:

- Fichas de inscrición establecida ao efecto (Anexo I)

- Autorización do pai, nai ou titor/a legal para os menores de idade (Anexo I)

- D.N.I. ou no seu caso libro de familia.

Os traballos poderán presentarse de forma presencial no Rexistro Municipal ou a través de correo postal, no caso de ser entregados por este último medio o autor/a deberá mandar, dentro do prazo de presentación de instancias por fax ou correo electrónico xustificante da súa presentación.

O enderezo postal é:

Concello de Burela
Programa de Atención a Inmigrantes
R/ Eijo Garay, 20
27880 Burela
Lugo

Correo electrónico: integracioninmigrantes@burela.org

QUINTA.- NORMAS DE ELABORACIÓN DAS OBRAS E PRESENTACIÓN DAS MESMAS.

Os debuxos e/ou pinturas deberán:

  1. Estar relacionados co motivo obxecto destas bases.
  2. Técnica libre.
  3. Medida folio A4
  4. Todos os traballos deberán ser inéditos.
  5. O/a participante ou os/as participantes maniféstanse garantes baixo a súa responsabilidade que é ou son os únicos titulares de todos os dereitos de autor sobre o traballo que presenta e responsabilizaranse totalmente de que non existan dereitos de terceiros nas obras presentadas, así como de toda reclamación de terceiros por dereito de autoría.

    Os traballos deberán ser presentados en dous sobres pechados:

O primeiro conterá:

a)  o debuxo e/ou pintura asinado con pseudónimo (o traballo que se asine cos datos persoais do autor/a quedará excluido)
b) un segundo sobre pechado cos datos persoais e identificado co pseudónimo usado polo autor/a (Anexo I)

No exterior do primeiro sobre debe de figurar o pseudónimo co que participa.

O xurado non terá coñecemento en ningún momento da autoría de cada unha das obras.

SEXTA.- CRITERIOS DE VALORACIÓN

Os criterios de valoración serán o contido e tratamento do tema, orixinalidade, expresión e presentación en xeral.

SÉTIMA.- PRAZO DE PRESENTACIÓN

A prazo para a presentación dos traballos remata un mes despois da publicación destas bases no B.O.P. de Lugo.

OITAVA.- COMPOSICIÓN DO XURADO

O xurado deste concurso estará composto por tres persoas:

  1. Dna. Noelia María Ben Vázquez, Concelleira de Inmigración e Cooperación do Concello de Burela.
  2. D. Ángel Rubiños Ben, Director da Casa da Cultura.
  3. D. Jaime Méndez García, Director da Casa da Xuventude

Actuará como secretaria do xurado a Técnico do Programa de Atención a Inmigrantes do Concello de Burela, con voz e sen voto.

Unha vez rematado o prazo de entrega de traballos, o xurado reunirase e levantará acta na que conste a relación de premiados.

NOVENA.- CRÉDITO ORZAMENTARIO

A contía máxima destina aos presentes premios é de 240 € (partida presupostaria 2311/489)

DÉCIMA.- PREMIOS

Haberá 3 categorías (de 6 ata 12 anos; de 13 ata 17 anos; de 18 anos en diante) e en cada unha delas haberá 2 premios co mesmo importe para todas as categorías.

1º Premio: lote valorado en 50 €

2º Premio: lote valorado en 30 €

O xurado poderá deixar deserto calquera dos premios.

De acordo con RD 439/2007, de 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento sobre a Renda das Persoas Físicas, non están suxeitos a retención ningún dos anteriores premios.

DÉCIMO PRIMEIRA.- INCOMPATIBILIDADES

A mesma persoa so poderá participar na categoría que lle corresponda por idade e non poderá presentar máis de un traballo.

DÉCIMO SEGUNDA.- CESIÓN E AUTORIZACIÓN DE DEREITOS

Os dereitos do autor/a do debuxo manteranse, pero cederanse gratuitamente ao Concello de Burela os dereitos de uso, reproducción e difusión, citando en todo momento a autoría do mesmo.

Os traballos participantes poderán ser obxecto de exposición en espazos de relevo cultural, artístico e educativo do Concello de Burela.

DÉCIMO TERCEIRA.- PROCEDEMENTO E ENTREGA DE PREMIOS

Sobre a acta do xurado emitirase informe-proposta  que se elevará ao Alcalde-Presidente, órgano competente para a concesión dos premios, que se outorgarán mediante Resolución de Alcaldía.

O fallo do xurado darase a coñecer aos gañadores/as a través de chamada telefónica ou correo electrónico, sen prexuizo da obrigatoria notificación da resolución.

Os premios entregaranse en acto público na data que se publicitará na páxina web e prensa local.

DÉCIMO CUARTA.- ACEPTACIÓN DAS BASES E PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

A participación no Concurso supón a plena aceptación das bases e fai responsable a cada concursante da autoría e orixinalidade do traballo presentado; para calquera decisión sobre o mesmo queda facultado o xurado do concurso e a propia Concellaría de Inmigración e Cooperación do Concello de Burela.

A súa decisión é inapelable.

A concorrencia ao proceso de concesión de subvencións implicará a manifestación tácita do consentiento inequivoco ao tratamento de datos de carácter persoal e a súa publicación de acordo co previsto na Lei Orgánica 15/99, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal. A finalidade da recollida e tratamentos dos datos persoais será estrictamente á xestión e tramitación do expediente correspondiente.

DÉCIMO QUINTA.- INFORMACIÓN AOS BENEFICIARIOS DOS PREMIOS

Con carácter xeral os premios están incluidos no ámbito da aplicación da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, polo que o Concello de Burela é un órgano obligado a facilitar información da concesión dos presentes premios á Base de Datos Nacional de Subvencións. Igualmente, con carácter xeral, non obstante o establecido na base décima (non existe obriga de practicar retención por ser inferiores a 300,00.-Euros), os premios están suxeitos ao IRPF segundo o establecido no artigo 75.2 do R.D. 439/2007, de 30 de marzo, sendo a Axencia Estatal da Administración Tributaria un dos órganos cesionarios dos datos rexistrados na Base de Datos Nacional de Subvencións en virtude da colaboración coa Adminstración Tributaria que establece o artigo 20 da Lei 38/2003, de 17 de novembro.

xoves, 15 Abril, 2021 - 11:18 a luns, 10 Maio, 2021 - 15:00
 
 
Before 01
01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23