BURELA DE RUTA VERÁN 2022

Este verán, en Burela podes adentrarte nos oficios tradicionais ligados ao mar e no funcionamento dun dos portos de referencia do Cantábrico, deixándote guiar pola nosa memoria colectiva mariñeira, na "Moncloa" (Asociación de Mariñeiros Xubilados e Afíns), pola nave da lonxa para asistir á poxa de pescado, polo Barco Museo Boniteiro "Reina del Carmen", pola nave de redeiras "Cabo Burela" e polas estancias dunha das conserveiras artesanais da vila. Ademáis, nun lugar declarado geosite, de importancia xeolóxica a nivel internacional, como o é a nosa costa, non podían faltar as xeorutas, tres percorridos guiados polo noso patrimonio xeolóxico, que se completan con visitas guiadas a unha igrexa con frescos do século XV.
Acompáñasnos?
Máis info en https://burela.org/gl/visitas-guiadas
Descargar díptico: https://burela.org/sites/default/files/burela2206_rutasveran22_diptico3.pdf