Amarte Bonito 2021

xoves, 5 Agosto, 2021 - 09:00 a domingo, 8 Agosto, 2021 - 15:00

Amarte Bonito 2021

O Concello de Burela presenta Amarte Bonito, un programa de actividades paralelas ao Certame Internacional de Pintura Mural Amarte e en homenaxe á Feira do Bonito (declarada de interese turístico nacional en 2019) que terán lugar do 5 ao 8 de Agosto.

Ata o Sábado 7 de Agosto podes participar no Concurso de Selfies. Cómo? Faite unha foto individual ou en grupo cos murais de Amarte de fondo e súbea ao perfil de facebook do Certame Internacional de Pintura Mural Amarte. A imaxe con máis me gusta recibirá un premio de 100 euros doados polo Grupo Dissolquim en caso de haber máis de 10 participantes.

Do Xoves 5 ao Domingo 8 de Agosto ao tempo que os artistas finalistas do V Certame Internacional de Pintura Mural Amarte plasman os seus bocetos no noso peirao fárase unha homenaxe á Feira do Bonito coa celebración de xornadas gastronómicas e a elaboración de saborosas tapas, racións e menús degustación do túnido nos bares e restaurantes da vila.

O Venres 6 de Agosto gozaremos do talento do Mago Antón na Praza do Concello cun máximo de 30 persoas por función ás 12:00, 13:00, 17:00, 18:00, 19:00, 20:00, 21:00 e 22:00 horas.
Ás 23:00 horas terá lugar na Praza do Concello un concerto da banda coruñesa Luar na Lubre con entrada gratuíta.

O Sábado 7 de Agosto de 11:00 a 14:00 horas na explanada do porto o artista lucense Diego Anido, campión das batallas da Liga Nacional de Graffiti, impartirá un obradoiro infantil gratuíto desta arte urbán. Para participar haberá que inscribirse previamente chamando ao 982581141.

Ás 23:00 horas na Praza do Concello o grupo local Tribu Folk ofrecerá un concerto con entrada de balde.

O Domingo 8 de Agosto ás 12:45 horas na Praza do Concello o actor, presentador e humorista ourensán Sergio Pazos entregará os premios do V Certame Internacional de Pintura Mural Amarte e do Concurso de Selfies.

Como broche final ás 13:15 horas disfrutaremos dun concerto da banda viguesa Eladio y los Seres Queridos tamén con entrada libre.