A MAXIA DUN REGATO - ROSALÍA DE CASTRO

Este mércores 24 de febreiro de 19:00 a 21:00 horas non te perdas "A maxia dun regato", programa especial de Radio Burela 107.7 FM en homenaxe a Rosalia de Castro.
Será conducido por Jose Díaz, concelleiro de Cultura de Burela, e Francisco Piñeiro, dramaturgo mindoniense.
Intervirán Karina Parga, Pablo Mosquera, Alfredo Llano, Mario Pillado, Manuel Rouco, Rosa Cedrón, Xosé Antonio Touriñán, Rosalía Castro, Sergio Pazos, Belém Tajes, Ignacio Vilar, Melania Cruz, María Vázquez, Sabela Hermida, Ledicia Sola, Estíbaliz Veiga, Lucía Pérez e o alumnado do IES Perdouro.