THE SHOW MOSCÓN

"The Show Moscón" é un circo de monicreques itinerante de "varietés", presentado por un moscón gordiño. Un circo marabilloso, representado por un armario que abre as súas portas para amosar os diferentes números que hai dentro. Dentro do noso armario, podemos gozar de verdadeiras Divas da canción, absurdos números musicais, Magos e Mentalistas arrepiantes, sorprendentes bebés funambulistas, marabillosos números de Danza e humor interminable...

Casa da Cultura de Burela.
Sábado 17 de abril ás 18:30 horas.
Público: Infantil Familiar.
Entrada: 2,50 euros.