La gran aventura de los Reyes Magos

Jueves, 29 Diciembre, 2022 - 19:00

O Xoves 29 de decembro de 2022 ás 19:00 horas chegará ao Auditorio Municipal de Burela o musical "La gran aventura de los reyes magos" de Artes Escénicas Gaudium. O mellor agasallo deste Nadal. Un musical para toda a familia, interpretado en rigoroso directo, que conta unha orixinal e divertida historia sobre os reis magos. É Nadal e corre a voz de que un pequeno neno acaba de nacer nun cortello nos arredores de Belén. A misión de difundir a gran noticia foi asignada á divertida pero despistada Estrela, á que lle encomendaron a súa primeira misión desde que saíu da Academia de Estrelas Fugaces e que debe viaxar polo mundo sen descanso ata atopar aos tres reis magos. Guiados por Estrela Melchor, Gaspar e Baltasar deberán partir en busca do mozo recentemente nado (o neno Xesús) nunha viaxe chea de aventuras, ademáis de perigos e trampas do malvado Rei Herodes pero con moita diversión e moita música! 

Casa da Cultura de Burela
Xoves 29 de decembro de 2022 ás 19:00 horas
Entradas á venda el lagranentrada.com