Solapas principales

Sábado, Agosto 7 2021

Todo el dia
Xeorutas Verán 2021

Xeorutas Verán 2021

De Jueves, 1 Julio, 2021 - 16:30 hasta Sábado, 18 Septiembre, 2021 - 13:30

Xeorutas Verán 2021.

Gustariache desentrañar a historia da terra a través das rochas e formacións do noso litoral e da nosa montaña? Coas catro xeorutas que che propoñemos gozarás de paisaxes que atesouran estruturas curiosas, singulares e monumentais de gran beleza á vez que aprendes sobre elas. E que mellor sitio para facelo que Burela, declarada oficialmente lugar de importancia xeolóxica de relevancia mundial.

Terán lugar dúas veces por semana nos meses de xullo, agosto e primeiros de setembro. Inscripcións no bloghttps://rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com/ ou na Oficina de Información Turística. O prazo para anotarse ábrese sete días antes da data de cada xeoruta. Teléfono: 982 888 506. Rutas gratuítas.

De Jueves, 1 Julio, 2021 - 16:30 hasta Sábado, 18 Septiembre, 2021 - 13:30
 
Ocioteca de Verán 2021

Ocioteca de Verán 2021

De Jueves, 1 Julio, 2021 - 09:00 hasta Jueves, 26 Agosto, 2021 - 14:00

Ocioteca de Verán 2021

Para nenas e nenos empadroados no Concello de Burela, que cursaran Infantil ou Primaria no curso escolar 2020/2021.
As actividades da Ocioteca serán de luns a venres do 1 de xullo ao 26 de agosto.
Preinscricións do 8 ao 11 de Xuño na oficina de Gaia.

De Jueves, 1 Julio, 2021 - 09:00 hasta Jueves, 26 Agosto, 2021 - 14:00
 
Amarte

Amarte

De Jueves, 5 Agosto, 2021 - 09:00 hasta Domingo, 8 Agosto, 2021 - 15:00

BASES REGULADORAS DA CONCESIÓN DOS PREMIOS CORRESPONDENTES AO “V CERTAME DE PINTURA MURAL DO CONCELLO DE BURELA 2021”

A Delegación de Cultura e Xuventude do Concello de Burela presenta o V certame de pintura mural do Concello de Burela, adscrito ás seguintes bases:

CATULO 1.- DOS PARTICIPANTES

PRIMEIRA

Ao  certame  poderá  presentarse  calquera  persoa  ou  colectivo  cuxos  integrantes superen a maioría de idade.

CATULO 2.- REQUISITOS DAS OBRAS

SEGUNDA

Ofertaranse 9 murais coas seguintes dimensións: 5.90 m. x 2.10 m para completar nun máximo de 4 días de traballo.

TERCEIRA

Dous dos murais serán reservados a un artista local. Considerándose “local” calquera persoa que estea actualmente censada en calquera dos 16 concellos que compoñen a comarca da Mariña Lucense.

CUARTA

A distribución dos murais realizarase unha vez elixidos os gañadores da convocatoria. O que non significa que sexan os gañadores do certame.

QUINTA

Os  murais  terán  como  temática  “O mundo do mar”. E cada concursante poderá presentar un máximo de tres propostas.

SEXTA

A técnica será libre, adaptándose en todo momento ás bases do certame. Cada participante comprometerase a realizar o traballo no tempo estimado e de acordo as bases aquí estipuladas.

CATULO 3.- INSCRICIÓN

TIMA

As propostas enviaranse ao correo amarteburela@gmail.com xunto con:

a. Datos do participante ou colectivo.

b. Fotocopia DNI de cada integrante que traballe na proposta.

c. Teléfono e correo electrónico da persoa responsable da obra.

d. Título da obra.

e. Certificado de número de conta bancaria no que realizar o ingreso no caso de resultar premiado.

f.  Proxecto  da  proposta  ou  propostas  (Boceto,  listaxe  de  materias,  tempo  de execución, ou calquera data que os artistas queiran aportar á organización)

As obras poderán enviarse desde o día seguinte á publicación de estas bases na sede electrónica do Concello. A data límite de entrega das propostas será o 15 de Xullo de

2021.

OITAVA

As propostas seleccionadas comunicaranse o 20 de xullo de 2021 a cada participante por correo electrónico.

NOVENA

As datas para realizar os murais serán os días 5,6,7 e 8 de Agosto de 2021 de 9h a

21h. Ininterrompidamente agás o domingo 8 que só estará permitido pintar ata as 12h.

Os participantes non están obrigados a utilizar os 4 días habilitados para a realización dos proxectos, máis a data de remata do proxecto non será anterior nin posterior ao Domingo 8 de agosto de 2021.

Feita a oportuna acta de baremación polo xurado, será tramitada para a realización do oportuno ingreso dos premios nas contas bancarias facilitadas á maior brevidade posible.

CIMA

O xurado estará composto por 3 membros que estarán vinculados a comunidade das artes e/ou a cultura a nivel galego podendo ser un deles o Concelleiro da Area de Cultura do Concello de Burela.

CIMO PRIMEIRA

Os participantes no certame quedan informados e autorizan que os datos persoais facilitados ao inscribirse no concurso, sen cuxa facilitación non se poderá participar no mesmo, incorporaranse a un ficheiro automatizado, titularidade do Concello de Burela e serán tratados coa finalidade de desenvolver a súa participación no concurso.

Ante o non  cumprimento  das bases,  o Concello  de  Burela queda  facultado para rexeitar as obras dos participantes por non cumprir cos requisitos de participación.

A Organización recomenda aos participantes non deixar a inscrición para o último momento, debido aos posibles colapsos de rede que se puidesen producir ao coincidir un alto número de inscricións nos últimos días de prazo. A Organización non se responsabiliza das consecuencias derivadas deste feito, admitindo exclusivamente as inscricións realizadas a través do formulario oficial do concurso.

CIMO SEGUNDA

A organización  outorgará  a  cada  participante  o  seguinte  materia:  Pintura  plástica (cores básicas), brochas, rodillos, pinceis, etc., ademais de 180 € para cada participante NON PREMIADO ao final do certame.

CIMO TERCEIRA

Os premios serán:

a. 1º Premio 1500 €.

b. 2º Premio 750 €.

c. 3º Premio 300 €

d.  Premio mellor artista local: 300 € (aportado por unha empresa ou organización da vila).

Estes premios estarán suxeitos á retención do IRPF que establece a lexislación vixente.

CIMO CUARTA

Os premios non poderán ser acumulativos, nin reembolsables nin intercambiables.  O premio é único independentemente do número de autores da obra.

CIMO QUINTA

Os premios poden quedar desertos se o xurado así o decide. O fallo do xurado será inapelable.

CATULO 5.- CUESTIÓNS XERAIS

CIMO SEXTA

A Organización do concurso resérvase o dereito de excluír todas aquelas obras cuxo contido sexa obsceno, violento, sexista, racista, homofóbico ou vulnere algún dereito fundamental da persoa.

CIMO SÉTIMA

Coa presentación do boceto a concurso os/as participantes garanten que non achegarán materiais que supoñan vulneración algunha dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial de terceiros, polo que liberan absolutamente ao Concello de Burela de toda responsabilidade derivada de calquera incumprimento de calquera norma ou infracción de dereitos de terceiros por parte dos/as participantes, asumindo estes/as a obrigación de manter ao Concello de Burela libre de toda responsabilidade no devandito caso. Os concursantes responsabilízanse de que non existan dereitos a terceiros, nin reclamación algunha por dereitos de imaxe das persoas que aparezan nelas, así como de que as obras presentadas non estean sometidas a reclamación legal algunha e se atopen dentro do establecido pola lei de propiedade intelectual, eximindo á Organización de calquera tipo de responsabilidade.

CIMO OITAVA

Os/as participantes no concurso ceden ao Concello de Burela os dereitos de explotación das obras presentadas, incluíndo os dereitos de uso, difusión, distribución, exhibición, comunicación pública, divulgación e reprodución por Internet ou calquera outro medio audiovisual, mostra ou exhibición, das obras. Dita cesión realízase de forma gratuíta e non exclusiva, a nivel mundial.

A organización, así mesmo, resérvase o dereito de utilizar as obras seleccionados e recibidas con fins promocionais e/ou de difusión, os cales se exercitarán sempre co recoñecemento da súa condición de autor, excepto manifestación en contra.

CIMO NOVENA

Calquera eventualidade imprevista xurdida en relación co desenvolvemento do “V Certame de pintura mural do Concello de Burela” e non contemplada de forma expresa nestas bases será resolta de acordo co criterio da organización. Así mesmo, a organización non se fai responsable da mala ou nula recepción dos materiais.

VIXÉSIMA

A participación neste Concurso supón a aceptación plena das súas bases.

De Jueves, 5 Agosto, 2021 - 09:00 hasta Domingo, 8 Agosto, 2021 - 15:00
 
Burela de Ruta - Verán 2021

Burela de Ruta - Verán 2021

De Martes, 8 Junio, 2021 - 09:00 hasta Martes, 31 Agosto, 2021 - 15:00

O Concello de Burela presenta a súa programación turística para o verán 2021.

Consistirá nunha serie de visitas guiadas que darán comezo ou ampliarán os seus horarios a partir do día 8 de xuño, coincidindo co remate das súas festas patronais, e coas que se pretende dar a coñecer e poñer en valor o seu patrimonio xeolóxico, mariñeiro e artístico-cultural, apostando por un turismo sostible e de calidade.

De Martes, 8 Junio, 2021 - 09:00 hasta Martes, 31 Agosto, 2021 - 15:00
 
Actividades de Verán 2021

Actividades de Verán 2021

De Lunes, 28 Junio, 2021 - 09:00 hasta Viernes, 27 Agosto, 2021 - 14:00

Actividades de Verán 2021

Poderán participar nas actividades todas as nenas e nenos que naceron entre os anos 2009 e 2015.
As actividades comezarán o luns 28 de xuño e rematarán o venres 27 de agosto.
A inscrición faranse na Casa da Xuventude a partir das 08:00 horas do luns 21 de xuño.
A cota de inscrición é de 8 euros/mes por actividade.

De Lunes, 28 Junio, 2021 - 09:00 hasta Viernes, 27 Agosto, 2021 - 14:00
 
Amarte Bonito 2021

Amarte Bonito 2021

De Jueves, 5 Agosto, 2021 - 09:00 hasta Domingo, 8 Agosto, 2021 - 15:00

Amarte Bonito 2021

O Concello de Burela presenta Amarte Bonito, un programa de actividades paralelas ao Certame Internacional de Pintura Mural Amarte e en homenaxe á Feira do Bonito (declarada de interese turístico nacional en 2019) que terán lugar do 5 ao 8 de Agosto.

Ata o Sábado 7 de Agosto podes participar no Concurso de Selfies. Cómo? Faite unha foto individual ou en grupo cos murais de Amarte de fondo e súbea ao perfil de facebook do Certame Internacional de Pintura Mural Amarte. A imaxe con máis me gusta recibirá un premio de 100 euros doados polo Grupo Dissolquim en caso de haber máis de 10 participantes.

Do Xoves 5 ao Domingo 8 de Agosto ao tempo que os artistas finalistas do V Certame Internacional de Pintura Mural Amarte plasman os seus bocetos no noso peirao fárase unha homenaxe á Feira do Bonito coa celebración de xornadas gastronómicas e a elaboración de saborosas tapas, racións e menús degustación do túnido nos bares e restaurantes da vila.

O Venres 6 de Agosto gozaremos do talento do Mago Antón na Praza do Concello cun máximo de 30 persoas por función ás 12:00, 13:00, 17:00, 18:00, 19:00, 20:00, 21:00 e 22:00 horas.
Ás 23:00 horas terá lugar na Praza do Concello un concerto da banda coruñesa Luar na Lubre con entrada gratuíta.

O Sábado 7 de Agosto de 11:00 a 14:00 horas na explanada do porto o artista lucense Diego Anido, campión das batallas da Liga Nacional de Graffiti, impartirá un obradoiro infantil gratuíto desta arte urbán. Para participar haberá que inscribirse previamente chamando ao 982581141.

Ás 23:00 horas na Praza do Concello o grupo local Tribu Folk ofrecerá un concerto con entrada de balde.

O Domingo 8 de Agosto ás 12:45 horas na Praza do Concello o actor, presentador e humorista ourensán Sergio Pazos entregará os premios do V Certame Internacional de Pintura Mural Amarte e do Concurso de Selfies.

Como broche final ás 13:15 horas disfrutaremos dun concerto da banda viguesa Eladio y los Seres Queridos tamén con entrada libre.

De Jueves, 5 Agosto, 2021 - 09:00 hasta Domingo, 8 Agosto, 2021 - 15:00
 
Exposición Aula do Mar

Exposición Aula do Mar

De Martes, 3 Agosto, 2021 - 10:00 hasta Miércoles, 29 Septiembre, 2021 - 20:00

Exposición Aula do Mar - Asociación Saúde Mental A Mariña.

Sala de Arte da Casa da Cultura de Burela.
Do 3 de agosto ao 29 de setembro de 2021.
Horario de agosto: de luns a venres | mañás de 10:00 a 14:00 horas.
Horario de setembro: de luns a venres | mañás de 10:00 a 13:00 horas e tardes de 17:00 a 20:00 horas.

De Martes, 3 Agosto, 2021 - 10:00 hasta Miércoles, 29 Septiembre, 2021 - 20:00
 
Xornadas Gastronómicas do Bonito de Burela

Xornadas Gastronómicas do Bonito de Burela

De Jueves, 5 Agosto, 2021 - 08:00 hasta Domingo, 8 Agosto, 2021 - 23:00

Xormadas Gastronómicas na honra da Feira do Bonito de Burela.
Os días: 5, 6, 7 e 8 de agosto de 2021.

De Jueves, 5 Agosto, 2021 - 08:00 hasta Domingo, 8 Agosto, 2021 - 23:00
 
Exposición Dereitos Humanos en Mozambique

Exposición Dereitos Humanos en Mozambique

De Martes, 3 Agosto, 2021 - 09:00 hasta Lunes, 6 Septiembre, 2021 - 15:00

Chega a Burela a exposición do Fondo Galego sobre Dereitos Humanos en Mozambique.

A mostra reúne as fotografías realizadas polo reporteiro Adrián Irago no país lusófono tras gañar a última edición do certame Imaxes con Fondo.

A Praza do Concello acolle ata o 6 de setembro a exposición ‘Dereitos Humanos en Mozambique: acompañando a mellora da saúde e a educación desde a cooperación municipalista’, promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que é socio o Concello de Burela. A mostra ofrece unha panorámica dos proxectos de desenvolvemento apoiados no país lusófono, canda intres da vida cotiá, a través das fotografías realizadas polo reporteiro Adrián Irago, que viaxou á zona como gañador do certame Imaxes con Fondo III.

A exposición, que se estreou polo 70º aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, estrutúrase en cinco cubos que nos achegan á realidade mozambicana, comezando polas iniciativas de loita contra a pobreza cofinanciadas desde o ano 2001 en materia de educación, saúde ou abastecemento de auga. O Fondo Galego ten impulsado no país africano unha decena de proxectos, que supuxeron uns 340.000 euros de investimento e que na súa maioría se levaron a cabo coa Casa do Gaiato e a súa “irmá” a Fundação Encontro como parceiros locais, pero tamén coa colaboración de ONGD galegas, da Asociación Nacional de Municipios de Mozambique (ANAMM) ou do Programa das Nacións Unidas para o desenvolvemento (PNUD). 

Nos últimos tempos, executouse canda a Fundação Encontro unha intervención co deporte como ferramenta para previr doenzas e adiccións entre a mocidade. Tamén se traballou directamente co municipio de Nhamayábue para a construción de pequenos sistemas de abastecemento de auga. Adrián Irago visitou estes e outros proxectos anteriores, coma o realizado con Ecos do Sur para reparar un centro educativo na contorna de Maputo ou o impulsado canda Arquitectura sen Fronteiras para mellorar as condicións sanitarias na provincia de Inhambane. O seu obxectivo recolleu ademais actividades económicas, aspectos culturais, momentos de lecer, espazos naturais, etc.

O fotógrafo
Adrián Irago, que traballou en medios locais durante varios anos, conta na súa andaina con galardóns coma o Premio Nacional de Fotoperiodismo da Asociación Nacional de Informadores Gráficos de Prensa y Televisión. Entre os traballos do fotoxornalista vigués destaca a cobertura dos desafiuzamentos en Madrid de 2012, os incendios en Galicia de 2013 e a ruta das persoas refuxiadas en 2015, que o levou a percorrer Grecia, Macedonia, Serbia, Alemaña e Francia.
Un dos países máis empobrecidos
Mozambique ten experimentado un crecemento considerable desde o Acordo de Paz asinado en 1992 que puxo fin a dezaseis anos de guerra civil, mais o seu Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) segue a ser dos máis baixos do planeta. A pobreza atinxe ao 55% da poboación, especialmente as mulleres, e a esperanza de vida sitúase nos 57 anos. No entanto, trátase dun país cun gran potencial e existen iniciativas locais desde as que se loita por reverter esa situación, algunhas delas con colaboración internacional. Tal é o caso dos concellos e organizacións apoiadas polo Fondo Galego e as administracións locais socias.
O Fondo Galego
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 98 concellos e as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Recoñecido como axencia municipal da cooperación galega, desde a súa fundación en 1997 o Fondo Galego ten desenvolvido uns 170 proxectos en 32 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.  


+info: https://fondogalego.gal/o-fondo-galego-promove-cinco-proxectos-contra-o-...

De Martes, 3 Agosto, 2021 - 09:00 hasta Lunes, 6 Septiembre, 2021 - 15:00
 
 
Antes de 01
01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23