Acuario

Sábado, 8 Mayo, 2021 - 18:30

Acuario  está baseado no  libro  de poemas  de María Canosa que  leva o mesmo título. O seu obxectivo é que a xente miúda  da casa se achegue á poesía en lingua galega á vez que aprende  os nemes dos peixes e descobre a riqueza biolóxica  (e gastronómica)  do noso litoral. Todo isto faise dun xeito ameno e divertido grazas á presenza  dos  vistosos  monicreques,   dos  actores  que  lle  imprimen  humor   e dinamismo á actividade, da música e dunha  escenografía sinxela e á vez atractiva. Acuario  é un  conxunto  de versos  doados  e musicais  que  en ningún  momento esquecen   o  seu  propósito   didáctico:  Amosar   a  maxia   do  noso   patrimonio lingüístico e mariño.

Casa da Cultura de Burela.
Sábado 8 de maio ás 18:30 horas.
Público: Infantil e familiar.
Entrada: 2,50 euros.