A ALDEA DAS MULLERES

A aldea das mulleres é o novo espectáculo de Carmen Conde, que transcorre ao tempo  que debulla fabas. Mentres ela vai debagando  historias,  con  ese  poder   simbólico  que   ten "buscarse os  feixóns", constrúe  a aldea   das  mulleres  con relatos das habitantes, que  rexen o seu destino, teñen as súas leis, viven emancipadas e tallan  en  pedra  ornamentada os seus nomes  para  a  Historia. E, como fío conductor,  unha legume  chea  de supersticións, maldita,  cargada de ánimas, empregada para a xustiza, como afrodisíaco e como o único alimento  para  roer en tempos  da  fome. Fabas  e  mulleres nunha sesión-aldea que acubilla liberdades, rompe silencios e achega ao público historias apañadas da horta da realidade.
Espectáculo para público xuvenil-adulto de 80 min. de duración.

Casa da Cultura de Burela.
Sábado 24 de abril ás 20:00 horas.
Público: Xuvenil-Adulto.
Entrada: Libre.