Urbanismo

O urbanismo ten por obxecto a organización, dirección e control da ocupación e uso do solo, incluido o subsolo e o voo, a súa transformación mediante a urbanización, e a edificación e a rehabilitación do patrimonio inmobiliario, así como a protección da legalidade urbanística e o réxime sancionador.

 

QUEN INTEGRA O DEPARTAMENTO?

O equipo está composto por unha Arquitecta Técnica, unha Delineante e unha Administrativa, que traballan tamén en coordinación con Secretaría, Obras e Medio Ambiente.

 

COMO FUNCIONA?

Ofrece atención presencial, telefónica e por email de xeito individualizado así como a tramitación de todos os expedientes urbanísticos e de obras.

 

A QUEN ATENDE?

A toda a cidadanía que así o desexe.

 

QUE SERVIZOS OFRECE?

  • Asesoria sobre a realización de obras, a implantación de actividades e reposición da legalidade urbanística.
  • Licenzas de obras e/ou actividades
  • Comunicacións previas e declaracións responsables de actividades e/ou obras
  • Licenzas de primeira ocupación
  • Licenzas de parcelación, división ou segregación de terreos
  • Licenzas e autorizacións de ocupación do dominio público
  • Certificacións urbanísticas
  • Certificados de aliñacións e rasantes
  • Inspección de obras e/ou actividades
  • Reposición da legalidade urbanística
  • Ordes de execución e declaración de ruina
  • Redacción de proxectos e memorias para obras municipais.
  • Dirección de obras municipais.
  • Control e supervisión de proxectos de obras municipais

 

ONDE O PODES ATOPAR?

Na segunda planta da Casa do Concello, na rúa Eijo Garay 20, Burela

 

COMO PODES ACCEDER? 

Solicita cita previa por teléfono 982 58 60 00

ou a través da sede electrónica CITA PREVIA ONLINE

 

EN QUE HORARIO?

Arquitecta Técnica:

De 8:30 a 14:30 horas, luns, martes e xoves.

Delineante:

De 8:00 a 15:00 horas, de luns a venres.

 

PXOM